16 08 14/15 Torrecerredo

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa (Cabrales) Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Poncebos (220 m)

ACCESO: De Oviedo a Cangas de Onís e Arenas de Cabrales. De aquí tomar a estrada a dereita que sube a Poncebos, onde deixámo-lo coche

HORARIO: 8/9 horas             DESNIVEL:              DISTANCIA: 26 km

DIFICULTADE: Alta           TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: Miguel A. Adrados (Macizo Central y Oriental de Picos de Europa) - I.G.N. – 55 - IV

COTA MÍNIMA: Poncebos (220 m)       

COTA MÁXIMA: Torrecerredo (2.648 m)

DESCRICIÓN DA RUTA: Este itinerario é o mais duro, sen dúbida, para acadar a famosa Vega de Urriellu ao pé do mítico Picu Urriellu. Partimos de Poncebos e ao pouco tempo temos que cruzar o río Cares por unha antiquísima ponte chamada La Jaya, na que collemos un camiño ascendente e ben trazado que a través do desfiladeiro de Las Salidas (Canal del Tejo) en pouco mais de unha hora lévanos ate a aldea de Bulnes.

            Cruzamos esta aldea e poñémonos na vertente dereita do río para subir por un sendeiro pouco marcado a unha cascada que parece non ter saída, mais ao estar preto dela vemos un paso por un pradelo moi pendente que nos da a entrada a Canal de Balcosín.

            Seguimos esta canle con pouco desnivel o primeiro que nos leva  ao seu fin por unhas subidas entre rochas, preto das cales baixa o regato que cruza a canle. Aquí temos uns tramos nos que hai que trepar con pasos curtos e sen  perigo.

            Saímos da Canal de Balcosín a un circo chamado Jou Bajo onde faremos unha pequena parada para descansar do que xa levamos percorrido e coller folgos para o que nos agarda. Temos que seguir agora hacia a nosa dereita en pequenos zigzags pola  pendente Canal de Camburero. Salvamos un gran desnivel  en pouco percorrido, mais tomado con  tranquilidade non resulta difícil ao non ter pasos complicados.

            Chegamos ao fin de dita canle e seguimos por un sendeiro a esquerda ate as ruínas de unhas cabanas. Era a antiga Majada de Camburero. Seguimos subindo e o pouco vemos a impresionante mole do Urriellu que aínda nos queda  bastante lonxe.

            Bordeamos un farallón rochoso chamado El Frailón, seguindo o camiño marcado no pedreiro que cruza por enriba  a canle de Jou Lluengo, un tramo largo e duro pola pendente continua que temos que superar. Vamos mirando ao largo deste tramo o Picu Urrielluque nos  sirve en todo momento de referencia, sendo moi fácil de seguir, para ao fin do Jou Lluengo cruzar polo sendeiro marcado con fitos por enriba de pequenos jous ata dar saída moi preto da base do coloso, a Vega de Urrielluonde xa vemos o refuxio.

Fronte ao refuxio de Vega de Urriellu (1.950 m) cruzamos un paso por unha campa e rocha aparecendo un camiño que sobe en diagonal á dereita. Baixamos uns poucos metros e comezamos a cruzar  en subida unha zona de rochedo calío con numerosos buratos.

            Achegámonos á base do Neverón de Urriellu, cume que iremos deixando á esquerda, ao situarnos na base dun circo rochoso de incómodos pedregais. Aquí o sendeiro cruza á dereita para remontar a ladeira que da entrada ao estreito corredor da Corona del Raso, canal estreita e colgada que abre paso culminando nunha lomba (2.250 m). Seguimos uns metros a divisoria ata entrar á dereita sobre unha ladeira pedregosa na base das agullas do Diente de Urriellu. Saímos máis á dereita sobre uns jous ao pé das Torres Areneras. Baixamos sobre o jou e rodeámolo ata chegar ao repeito final que da á Horcada Arenera (2.285 m).

Baixamos á outra vertente e no medio da baixada aparece unha bifurcación. O camiño recto vai cara aos Jous del Agua e o refuxio de Cabrones mentres que o da esquerda, vai cara ao Jou de Cerredo. Seguimos de fronte evitando baixar ao fondo dos jous por camiño marcado con fitos ata que avistamos desde un cimbro o refuxio no fondo do Jou de los Cabrones. Temos que pasar xunto á fonte e logo dunha curta subida chegamos ao refuxio.

Logo de facer noite no refuxio comezamos a andaina en dirección sur pasando de novo xunto á fonte e atravesando o Jou de los Cabrones. Temos unha pendente canle con pedra solta que nos empoleira nun primeiro cimbro. Á nosa dereita imos deixando o Pico de los Cabrones, a Torre de Labrouche e o Risco Saint Saud para dirixirnos ao Jou de Cerredo.

Evitamos baixar para seguir por camiño moi marcado sen perder altura ata que chegamos a uns grandes bloques de pedra que superamos buscando o sendeiro máis sinxelo. Temos a primeira parede que subimos axudándonos das mans e proseguimos o ascenso con moito coidado pois o precipicio que temos debaixo é inmenso. Unha vez enriba, entendemos porque se debe subir este cume. A grandiosidade e bravura do entorno quedará bastante tempo na nosa memoria.

O camiño de volta é o mesmo ata o refuxio pero desde aquí, seguimos en dirección norte deixando á nosa esquerda os Cuetos del Trave. Existe algún paso onde temos cordas para axudarnos, e así alcanzamos a punto máis alto de La Cuesta del Trave. Nesta baixada comezamos a ver algo de verde e no fondo podemos observar a Majada de Amuesa cara a cal nos diriximos. Sen chegar a ela, no Collado de Cima xiramos á dereita para baixar polos innumerables zigzags da Canal de Amuesa.

Máis abaixo, polos Llanos del Torno, suavízase a pendente ata o barrio de El Castillo ou Bulnes de Arriba. Desde aquí, baixando varias reviravoltas chegamos á ponte Colines, atravesamos o río Tejo e topamos con o camiño de subida. Agora todo en baixada ata Poncebos