12 04 05 Monte Candina

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

SITUACIÓN: Laredo (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: N – 634 (140 m)

ACCESO: Pola autoestrada A – 8 dirección Bilbao. Despois de pasar as saídas de Laredo temos a saída a OriñónLiendo (km164). Seguimos un par de quilómetros pola la estrada vella e vemos un espazo a nosa esquerda cuxo orixe está nun antigo tramo de estrada habilitada como lugar de aparcamento.                                    

HORARIO: 4/5 horas            DESNIVEL: 340 m              DISTANCIA TOTAL: 8 km                        

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Ida e volta            MAPA: I.G.N. – 36 – IV 

SINOPSE: O macizo do Candina destaca pola súa proximidade ao mar e po las formacións calcáreas, cubertas de lapiaces e dolinas. Pero a maior peculiaridade radica en que dispón das únicas abutreiras situadas sobre o mar, ao estar os farallóns rochosos directamente situados sobre o mesmo. O escarpado do monte faino parecer máis alto do que é en realidade, xa que cos seus 480 metros é sensiblemente máis baixo que o preto monte Cerredo (máis de 600 metros).

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Dende este lugar de aparcamento, máis ben ao remate do mesmo, temos que identificar unha senda que se introduce na espesura de fentos con orientación perpendicular á estrada, que sobe de forma decidida pola bagoada situada ao norte. Ao pouco superamos unha cancela para o gando e avanzamos por un sendeiro moi marcado e bastante empedrado entre aciñeiras e carrascas.

      Ao cabo duns 15 minutos de subida podemos tomarnos un pequeno respiro ao chegar a un pequeno cimbro. De fronte observamos un bloque rochoso (non é o Candina, aínda falta moito) e aos nosos pés unha bagoada a que habemos de baixar seguindo o camiño.

      Na baixada vemos aparecer outra bagoada á nosa dereita aínda máis fonda. Tras acadar a parte baixa o camiño volve a ascender polo outro lado da bagoada, a medida que a vexetación arbustiva vai desaparecendo e queda limitada a matogueira, xirando á esquerda cara á parte inferior dun pequeno fronte rochoso. No remate do mesmo, o camiño vira á dereita para deixarnos contemplar unha nova bagoada e un novo macizo. Contaremos outros 15 minutos dende o primeiro cimbro ata este segundo.

      Bordeamos a nova bagoada, ocupada por aciñeiras pola parte sur, en dirección a un cartel explicativo esnaquizado e un panel asinalado que no nos sirve para a excursión de hoxe. Continuamos bordeando agora cara ao norte, en lixeira ascensión e ao pouco, nos arredores dun bo exemplar de aciñeira, o camiño xira algo á dereita meténdose por un paso estreito ata chegar a unha campa na que pacen algúns animais domésticos.

      O bloque montañoso sitúase agora máis ben á esquerda e cara a el segue o sendeiro que se esfumiña por momentos. Como orientación deberemos seguir a bagoada pola súa parte esquerda, en lixeira ascensión e case sen cambiar de dirección respecto á que traíamos. Se no nos trabucamos chegaremos a unha zona na que aparecen restos de grandes muros de pedra que parecen un xacemento arqueolóxico máis, en realidade, trátase dos restos dunha antiga explotación mineira. De fronte temos as primeiras vistas sobre o mar, aínda que con impedimento da última parte do bloque montañoso.

      Seguindo pola senda chegamos ao que era o antigo camiño de servizo da explotación mineira collendo cara á esquerda ascendendo unhas decenas de metros ata chegar ao punto onde temos a vista xeral do macizo de Candina. Unha especie de circo pedregoso na que o monte Candina aparece cara ao noroeste, identificable polo vértice xeodésico.

      Pola esquerda podemos identificar a senda pola que volveremos de volta do noso recorrido circular e á esquerda una ruta marcada con pintura marela que recomendamos ignorar, aínda que conduce a unhas vistas espectaculares o avance é moi dificultoso e podemos gozar de vistas similares máis adiante. Continuamos polo antigo camiño mineiro en leve descenso cara a unha bagoada que constitúe o fondo do monte Candina. Ao cabo duns centos de metros podemos descubrir na ladeira dereita unhas grandes furnas coñecidas como Ojos del Diablo.

      Dende o final do camiño é moi fácil desviarse cara a estas furnas, dende as que teremos inesquecibles imaxes da coñecida como Ballena de Sonabia (entrante rochoso que se introduce no mar) e sobre unha gran extensión de perfil costeiro e marítimo, incluíndo o monte Cerredo que citábamos anteriormente. Os abutres e incluso algún alimoche son compañeiros inseparables nesta zona, contrastando o seu voo sobre o azul do mar.

      Dende este punto as rutas esfumíñanse existindo varias opcións de continuar a camiñada. A que propomos consiste en regresar ata o punto onde remata o sendeiro mineiro e continuar practicamente polo centro da gran bagoada, deixando a dolina máis profunda á esquerda. Se seguimos en esta dirección veremos case de fronte (un tanto á esquerda) un pequeno depósito de plástico con auga para o gando. Alcanzamos o mesmo e podemos tomar dúas opcións. Pola opción máis ao norte chegamos a un pico xemelo do Candina (e incluso uns metros máis alto), e dende aí chegamos a este último polo propio cordal.

      A segunda opción é descubrir entre os fentos a senda que sobe directamente ao Candina. Como referencia temos que mirar á parte máis alta da bagoada e contar 3 faias de dereita á esquerda. A senda diríxese case de forma directa á central, pasa xunto a mesma e acada o penedo que constitúe o Monte Candina.
     As vistas dende este punto son moi amplas. Ademais dos vales interiores, teremos unha boa perspectiva do monte Cerredo e a costa vasca. Os Ojos del Diablo, a ría do Asón, escoltada polo puntal da Salvé de Laredo e o monte Buciero de Santoña, o val de Liendo, sen excluír un amplo panorama mariño.

    Para continuar temos que baixar uns metros e seguir a senda principal de ascensión, con orientación sur que descende moi paulatinamente, e non cara á bagoada senón case paralela ao cordal ata saír a unha nova bagoada que non vimos ata agora. As illadas marcas de pintura vermella e branca son de gran axuda.
      Continuamos pola parte superior dereita da bagoada e chegamos a unha zona de grandes rochas moi preto xa do antigo sendeiro mineiro. Tratamos de alcanzar o mesmo pola senda correcta. Unha vez conseguido, non queda máis que desandar o andado.