16 04 16 Ruta de Frassinelli - (Cangas de Onís) Asturias
SITUACIÓN: Cangas de Onís (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Aparcamento de La Buferrera (1.012 m)
ACCESO: Desde a estrada que une Arriondas con Unquera, a altura de Soto de Cangas coller o desvío a Covandonga e os Lagos.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 970 m de baixada
DISTANCIA: 15 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
MAPAS: I.G.N. 31 – III – 55 – I – II
SINOPSE: O nome desta ruta débese a Roberto Frassinelli, cidadán alemán que viviu na poboación de Corao a mediados do século XIX, e gran amante da natureza, que frecuentaba este camiño para acceder á alta montaña do Macizo Occidental de Picos de Europa. O percorrido sinalado corresponde ao treito inferior da ruta comprendido entre Corao e os Lagos de Covadonga. Esta ruta tamén coincide cunha das vías de acceso de gando desde o val de Güeña ata as praderías de Comeya e arredores dos lagos.
DESCRICIÓN DA RUTA: O camiño comeza no aparcamento de Buferrera (1.012 m). No remate do mesmo arranca o sendeiro que se encamiña cara ao Centro de Interpretación Pedro Pidal; unha vez comeza a subida, abandonamos o paseo para saír pola esquerda por un estreito carreiro que baixa facendo reviravoltas buscando a Foz del Escaleru. Seguimos o sendeiro que en zigzag lévanos a un pequeno paso entre as rochas e os restos dunha torre, dando paso a Foz del Escaleru, que atravesamos por un túnel ata saír á parte alta da Vega de Comeya, por un estreito carreiro que se encamiña cara ao val.
Neste punto este sendeiro únese con o GR – 202. Cando chegamos á altura da veiga, abandonamos o sendeiro e xiramos á esquerda cara a gran explanada da Vega de Comeya. Unha vez nela, collemos a pista que sae un pouco máis adiante que atravesa a veiga, ao remate, a pista inicia un ascenso que nos conduce a un cimbro onde merece a pena votar unha ollada para contemplar os Picos e o Cantón de Texeu, cerrando o paso do val.
No Collado de Uberdón, mirando ao norte, vemos ao fondo a serra do Sueve e en primeiro termo a Sierra de la Caña, deixando entrever a estrada de Covadonga aos Lagos. Comezamos unha baixada que nos leva a dita estrada no lugar coñecido como Caña Valle, punto final desta pista mineira. Seguimos pola estrada en sentido descendente pola zona de La Huesera e ao chegar ao lugar coñecido como a Caña Valles xiramos á dereita e baixamos a través da Cuesta de la Huesera ata o remate da recta onde a estrada quer facer un dobre xiro deixando detrás , á nosa dereita o Paso de la Frecha, que tamén pode ser unha opción para chegar a Tarañodios.
Abandonamos a estrada collendo un sendeiro á dereita que discorre en chan ata atopar unha cabana; pouco despois, o carreiro pasa entallado na rocha e comeza unha forte subida desde a que contemplamos á esquerda, e ao fondo do val a basílica de Covadona. A ruta encamíñase cara a unhas cabanas situadas nun cimbro con tres freixos, e a braña de Tarañodios.
Pasamos o cimbro rodeando esta braña e deixando a parede de pedra á dereita, collendo un carreiro, esfumiñado entre outros feitos polo gando que se atopan sempre anegados, saíndo a o outro lado do outeiro. O carreiro transita a media ladeira, collendo unha pequena baixada ata unha campeira situada noutro cimbro. No medio desta campeira, a ruta xira bruscamente á esquerda e baixa cara a un pequeno bosque conducíndonos ao nacemento do río Umandi, unha zoa pomares e pereiras silvestres, así como amieiros, avelairas e acivros.
Podemos ver o estreito val que forma o regato Umandi e, de fronte, o Camino del Rey, hoxe pista, que sobe a La Frecha. Seguimos polo carreiro que nos leva entre baixadas e subidas xunto a unhas cabanas da braña de Uporquera. Logo de deixar atrás as primeiras cabanas, atopamos unha desviación que sae á esquerda e que se dirixe cara ao oeste; alternativa que nos leva á Cruz de Priena en pouco máis de media hora.
O camiño segue pola pista principal, bordeando o pico da Cruz de Prinea, chegando pouco despois ao cruce de Pandal, braña de varias cabanas con prados cercados de pedra á nosa dereita, onde o camiño se transforma nunha boa pista pola que baixamos, ignorando todos os cruces ata chegar á canle. Aquí abandonamos a pista collendo a que sae á esquerda, que pasa entre dúas cabanas dirixíndose cara ao oeste, á outra vertente do val. Nada máis pasalas, seguimos de fronte ignorando o cruce, xiramos á dereita para coller o camiño encaixado que se introduce nun souto, ignorando a explanada da esquerda, seguimos pola pista que pouco despois da un xiro á esquerda para comezar unha pequena subida primeiro e logo segue baixando ata atopar unhas casas.
Logo da baixada chegamos a poboación chamada Cueto Abamia, pasamos entre as casas e xiramos á dereita continuando pola estrada ata a igrexa de Abamia. A igrexa de Santa María de Abamia foi a primeira parroquia construída polo rei Pelaio no século VIII con engadidos nos século XVII e XVIII, pero reconstruída recentemente.
Por debaixo da igrexa, unha bifurcación permite baixar pola estrada local cara a Corao, ou ben xirar á esquerda para ir polas pistas de concentración parcelaria, máis tranquilas e con mellores vistas, ignorando cantos cruces atopemos a dereita e a esquerda.
Logo dunha baixada e un chan que cruza un regato, entramos na carballeira de Corao, lugar onde residiu o Alemán de Corao, que foi sede unha próspera industria de reloxos.