16 03 25 Macizo Central da Serra da Estrela

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Serra da Estrela (Penhas da Saúde) Portugal

PUNTO DE PARTIDA: Covâo D` Ametade (1.350 m)

ACCESO: Dende Covilhâ pola estrada N – 339 ata a rotonda onde nos desviamos á dereita pola N – 338 (18 km)

HORARIO: 7/8 horas      DESNIVEL: 950 m          DISTANCIA: 13,5 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular             

MAPA: Parque Natural da Serra da Estrela (Adventure Maps)

SINOPSE: A maxestosidade e a rudeza son as principais características que conforman esta ruta polo Macizo Central da Serra da Estrela. O trazado a través dunha paisaxe natural, a difícil orientación e a condición física do camiñante serán a proba de que se atreva con esta ruta que desaconsella facela en solitario e ter boa condición física.

DESCRICIÓN DA RUTA: Comeza a camiñada no Covâo D`Ametade, no sentido das agullas do reloxo. No seu comezo avanzamos entre rochedos e matogueiras con desniveis que dificultan a respiración e paisaxes impresionantes. Dende o Covâo D`Ametade ata o Cântaro Gordo, sen subir ao seu cume, temos que facer un serio esforzo pola pendente que temos que vencer, con algún tramo para coller folgos, ben recompensados polas vistas emblemáticas que podemos contemplar: o Covâo D`Ametade, O Covâo Cimeiro, os Cântaros (Magro, Gordo e Raso) e a lagoa dos Cântaros.

            Unha vez ganado o desnivel, facemos unha parada para coller folgos para, entrar na zona de as Salgadeiras, conxunto de vaias charcas, e desde aquí pasamos polo Covâo da Clareza ata un poste informativo, xunto a estrada no Fragâo do Poio dos Câes. Seguimos a andaina, agora baixando entre pedras para pouco despois avistar a Lagoa do Peixâo ao lonxe, polo que seguimos nesa dirección, onde facemos unha parada gozando da beleza do lugar.

            Continuamos a camiñada seguindo cara ao Vale da Candeeira, progresando ao longo do seu regato chegamos á Ponte Bolota, onde seguimos atravesando o Ribeiro da Candeeira, entre matogueiras bastante densas con sinalizacións apenas imperceptibles.

            Neste lugar seguimos a derivación do PR 5 e posteriormente cortamos, para Candeeirinhas, entre mesta vexetación, saltando de rocha en rocha, con algunha trepada para así superar esta subida e chegar as Candeeirinhas. Desde este lugar, novamente no PR 5, seguimos o camiño, que baixa a Cova D`Ametade, con o val glaciar do Zêzere á nosa esquerda.