15 06 21 Colinas del Campo - Ermida do Campo de Santiago

 

VER PUNTO DE SAÍDA

VER MAPA DA RUTA

VER GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Igüeña e Murias de Paredes (León)

PUNTO DE PARTIDA: Colinas del Campo (1.062 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 6 coller a saída de Folgoso de la Ribera. A estrada pasa por Igüeña rematando en Colinas del Campo

HORARIO: 4/5 horas     DISTANCIA: 15 km       DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Ida e volta         

DESNIVÉIS: 440 m de subida, os mesmos de baixada

COTA MÍNIMA: Colinas (1.062 m)  

COTA MÁXIMA: Ermida do Campo (1.450 m)

MAPA: I.G.N. – 127 – II     

 

SINOPSE: Esta ruta é relativamente coñecida e chámase Campo de Santiago. Dito lugar está situado nos límites de Omaña con o Bierzo. O punto de partida e o fermoso e pequeno lugar de Colinas del Campo. O nome completo de este lugar é Colinas del Campo de Martín Moro Toledano, case nada, o que o converte no nome de lugar máis longo de España. Abicado na serra de Gistredo a 1.062 m de altura, conta na súa fauna con pitas do monte e temén, din, o oso. Ademáis da fermosa contorna, Colinas está declarado Conjunto Histórico Artístico pola UNESCO. A carta de presentación non pode ser mellor.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Unha vez, en Colinas, temos que chegar ata a ponte sobre o río Boeza é, sen cruzalo coller o camiño que segue de fronte, unha vez nel, é imposible perderse porque hai que seguir a súa canle ata o seu nacemento, unhas veces polo lado esquerdo e outras polo dereito.

            No comezo hai un cartel que fala da ruta e indicacións ao longo do camiño que é transitable por vehículos todo terreo ata a súa metade, xusto ata unha ponte de madeira que da paso a un sendeiro. A partir deste momento a ruta empínase tendo algún repeito pero non demasiado esixente. O sendeiro transcorre entre bidueiros, altos carballos, algún teixo, capudres e acivros que chegan a formar espesos túneles en torno a senda.

            Ademais é frecuente ver breixos, uces, xestas, arandeiras, e flores como dormideiras marelas e un sen fin máis de arbustos.

            Cando chegamos ao Campo de Santiago (1.500 m) a imaxe é impresionante, vemos un xigantesco prado rodeado de montañas que rozan os dous mil metros. No Campo de Santiago temos a ermida adicada a Santiago Apostol. O traxecto que seguimos forma parte do Camiño de Santigo que une o Camiño Norte con o Camiño Francés. Neste lugar existía un hospital para peregrinos chamado Armenia.

            Conta a historia, ou lenda, que no século X no Campo de Santiago librouse unha forte batalla entre as tropas de Ramiro II, rei de León, e as tropas de Almanzor que neses momentos levaba a cabo a Ofensiva de Astorga no 981. O resultado foi o triunfo das tropas de Ramiro sobra as de Almanzor. Para conmemorar a vitoria construíuse a ermida en honra a Santiago Matamoros, aquela desapareceu e no seu lugar fíxose a que está na actualidade. As tropas musulmáns eran mandadas por Martín Moro, natural de Toledo, de hai o nome do pobo. Colinas del Campo de Martín Moro Toledano.