15 06 20 Brañas de Caldas
VER MAPA DA RUTA |
VER GALERÍA DE FOTOS |
SITUACIÓN: Sena de Luna (León)
PUNTO DE PARTIDA: Balneario de Caldas de Luna (1.160 m)
ACCESO: Desde autoestrada AP – 66 coller a saída a Villablino. Ao chegar a estrada C – 623, un quilómetro despois, xírase á esquerda, crúzase o encoro e cóllese o desvío cara a Caldas de Luna.
HORARIO: 4/5 horas DISTANCIA: 9 km IFICULTADE: Baixa
TIPO DE RUTA: Circular DESNIVÉIS: 395 m de subidas / 390 m de baixadas
COTA MÍNIMA: Balneario de Caldas (1.160 m) COTA MÁXIMA: La Divisa (1.500 m)
MAPA: I.G.N. – 102 – II – 103 – I
SINOPSE: As brañas de Lavén e Gameo contan con varias cabanas de construción sinxela, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Agora están cubertas de tella e laxe, pero antaño as cubertas eran de teito a base de palla de centeo.
O interior adicábase principalmente para o gando, a excepción dunha pequena habitación chamada tresfuego, onde facían a vida os brañeiros. As estancias estaban separadas por unha urdime de ramas de avelaira.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no balneario de Caldas de Luna (1.160 m), atravesa a autoestrada León – Asturias e pada polo Fayeo, un bosque de faias de certa entidade. Cruza de novo a autoestrada, por debaixo, preto do túnel do Negrón, comezando un pronunciado ascenso polo antigo camiño carreteiro cara as brañas de Lavén.
Abandonamos este camiño (1.240 m), para coller o carreiro de La Sendina, que atravesa un bosque de carballos moi ben conservado ata o Alto de la Sendina (1.400 m) e logo de pasar xunto as Cabañas de El Paso, entrando así no Valle Lavén. Agora a ruta discorre entre prados e cabanas da braña, que se abandona polo antigo camiño ata contactar cunha pista de nova traza. Pasamos xunto o Cabaña de La Foz facendo un xiro á dereita preto das Cabañas de El Recuesto. O camiño leva a La Divisa (1.500 m), punto máis alto do percorrido, onde existe un refuxio e un curro para o gando. Desde este lugar temos unha ampla panorámica dos cumes que marcan o límite entre as comarcas de Luna e Arbas.
A ruta segue polo lugar de Las Veigas baixando ata as cabanas de El Pandiello, case todas en ruínas. Tras unha lixeira subida pola paraxe de Las Muescas, entre xestas e piornos, a ruta baixa de novo, agora de maneira pronunciada, por unha zona de rochas, salpuxadas de matos e algún pequeno carballo. Axiña chegamos a Gameo (1.300 m) onde quedan aínda antigas cabanas xunto a outras de recente construción. Aquí conectamos co camiño que nos leva a Caldas.