15 12 19 Val do río Allonca (Ruta dos Pintores)

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: A Fonsagrada (Lugo) 

PUNTO DE PARTIDA: Pántaras (650 m)

ACCESO: Dende a estrada que une Barbeitos con os Oscos, coller a que vai a Trousa, Ferrería e Pántaras.

HORARIO: 3 – 4 horas              DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa                TIPO DE RUTA: Circular             

DESNIVÉIS: 400 m de subidas – 450 m de baixadas

COTA MÍNIMA: Río Allonca (400 m) COTA MÁXIMA: Pántaras (650 m)

MAPA: I.G.N. – 49 – III       

 

SINOPSE: Manuel López Monteserín naceu en Allonquiña. Aos trece anos participa nunha exposición colectiva na que obtén o primeiro premio e dada a maior idade do resto dos concursantes causa unha grande impresión. A Deputación de Lugo concédelle unha beca para estudar na Escola de Bellas Artes de San Fernando de Madrid participando na exposición de Bellas Artes de 1954. A pesar de ser un pintor descoñecido a crítica ocúpase del con eloxiosos comentarios,non entanto, é tal a súa decepción ao contemplar o panorama artístico de aquel momento que decide non presentarse máis a certames oficiais. Logra abrise paso con pinturas de abstractos e facendo algunhas exposicións individuais. Na actualidade comparte a actividade pictórica coa musical.

            Benxamín Álvarez nace en Pántaras no 1957, sendo un artista que vive e traballa en Barcelona desde 1980. Ben expoñendo desde fai tempo en diferentes galerías e centros de arte. A súa obra é diversa e de difícil clasificación, forza os límites entre as diversas disciplinas e xéneros artísticos. A pesar da aparencia de cadros rompendo o formato e o concepto convencional de pintura situándose preto da escultura ou da instalación. Caracterízase pola súa rotundidade visual e conceptual explorando as posibilidades dos materiais: ferro, plástico, madeira, ceras de refugallo e obxectos de cotío.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos por pista asfaltada ata o desvío de O Relaio, onde collemos a pista de terra que pasa por diante da casa e que pouco a pouco se vai internando nun frondoso bosque. Cruzamos o río Allonca por unha ponte de madeira á sombra de amieiros, carballos e castiñeiros e seguimos o curso do río que nos leva a fermosa igrexa de Allonca que aínda que non se use, conserva todo o seu encanto. En fronte á capela está o cemiterio no que repousan os restos do antigo alcalde de A Fonsagrada, José Díaz Niño Ladrón de Guevara, morto en 1920. Tamén, xunto a igrexa de Santa María, atópase unha fonte na que se pode ver un túnel de 30 m de longo.

            Seguimos o camiño atravesando un frondoso souto batuxado de corripas ata chegar ao escondido muíño de Allonquiña, acompañado de bosque de ribeira e freixos, dende o que desandaremos un tramo de camiño para seguir cara a Allonquiña, patria natal do pintor Manuel López Monteserín. Neste punto atopamos interesantes mostras de arquitectura popular, así como unha antiga escola, o que demostra a importancia que tivo este lugar no seu día.

            Deixamos atrás Allonquiña para dirixirnos a casa grande de Allonca e camiño de Pántaras faremos unha parada no pombal, unha mostra moi interesante de arquitectura. Logo desde aquí, o camiño é costa arriba ata a aldea de Pántaras, lugar de nacemento do pintor Benxamín Álvarez, seguimos por frondoso souto ata chegar ao lugar de inicio desta ruta.