15 11 14 Sierra de Brañapiñueli

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Puebla de Lillo (León) Caso (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Wamba (1.450 m)

ACCESO: Dende Oviedo pola autoestrada a León, collendo o desvío  pola AS-253, que vai ao porto de San Isidro e dous quilómetros máis aló temos o comezo da rota

HORARIO: 5/6 horas    DISTANCIA: 18 km.         DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Travesía

DESNIVÉIS: 350 m de subidas / 1.100 m de baixadas

COTA MÍNIMA: Soto de Caso (640 m)           

COTA MÁXIMA: Collada Acebal (1.730 m)    

MAPAS:  I.G.N. – 79 – I – II – III   

DESCRICIÓN DA RUTA: Preto do porto de San Isidro en dirección a Puebla de Lillo, temos unha ponte sobre do regato Gavitos, xunto a que sae unha pista (1.450 m) en dirección norte que vai subindo suavemente a dereita do val de Wamba entre praderías con gando pacendo.

     Esta ruta que se supón de orixe romano foi, máis tarde, aproveitada polos arrieiros que en ambos sentidos transportaban produtos das súas comarcas e que comunicaba a terra leonesa de Venta de San Isidro coa asturiana de La Felguerina.

     Tras un recanto, esta cómoda subida achéganos a un cimbro chamado Acebal que se atopa a 1.730 m de altitude despois de camiñar durante hora e cuarto. Esta zona e o límite entre as comunidades de Asturias e Castela León.

     Pasado o cimbro, entramos en terras asturianas. Baixamos atravesando primeiro unha zoa de pasto onde existe unha cabana ata atopar, máis abaixo, o camiño perfectamente marcado. Seguiremos este camiño que non ten desniveis apreciables, quedando, máis abaixo, pola nosa dereita a braña de Mericueria pola que se iría a Brañagallones. Seguimos de fronte deixando tamén o lago Ubales á nosa esquerda pero que non podemos ver desde esta situación, chegando así ao cimbro de LaCanalina (1.563 m).

    Neste lugar deixamos o camiño principal que nos levaría á Infiesta para seguir de fronte, xusto onde hai uns indicadores, por un sendeiro entre rochas que cruza polo oeste a serra de Brañapiñueli e que nos levan a unha pequena campeira. Neste lugar collemos en dirección nordeste cara a unhas rochas onde se intúe o paso polo medio delas. Seguimos na mesma dirección, agora subindo por unha campeira máis ampla que nos vai levar ao Collado Atambos (1.623 m).

     Cruzamos o cimbro de fronte e logo de varios zigzags por esta ladeira, dirixímonos cara a única cabana que queda en pé da braña de La Cabritera (1.440 m). A partir de aquí o camiño non ten perda, temos que baixar ata a cunca do regato Vallines, que nos leva á braña de El Gavilán (1.160 m). Aquí comeza a pista que atravesa o regato e cambia de vertente. Pasaremos xunta a varias brañas, Les Campes (1.020 m), Vallines (980 m), Roces (970 m), Ducentes (950 m), Bories (940 m), Tablau (920 m) e La Gobia (880 m).

     Logo de pasar a braña de Tablau, imos deixando o val do rego Vallines para xirar cara ao norte atravesando bosque principalmente de castiñeiros. Logo de arrodear o monte de La Mota, a pista de formigón, pasa a braña Cuestancia (770 m), collendo un camiño á dereita, xusto despois da braña, que nos levará directamente a Soto de Caso (640 m).

     Variante Lago Ubales

     Desde o cimbro Acebal (1.730 m) baixamos ata a cabana proseguindo logo pola ladeira da esquerda por un sendeiro que neste primeiro tramo vai paralelo ao camiño principal, pero sen perder altura, ata a Collaína La Xara (1.718 m), lugar que ofrece unhas fermosas vistas sobre a zona de Brañagallones. Neste cimbro xiramos en dirección noroeste por sendeiro entre breixos. O sendeiro segue entre pedreiros pola zona de La Xarrona, nos estribamentos do pico Cascayón, chegando así ao fermoso lago Ubales (1.687 m).

    Ninguén pasará indiferente ante o suxestivo leito do lago e o embruxo que mana das súas augas.

     O sendeiro segue na mesma dirección ata o Collado Acebal ou Ubales (1.711 m), lugar de cruces de camiños. Cara á esquerda baixa o sendeiro que vai á foz de LosArrudos, mentres que pola dereita, dirección leste, o sendeiro enlaza con o camiño principal desta ruta xunto a braña de La Carbaza (1.540 m), onde collemos á esquerda.