08 09 06 De Enol a Caín
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Parque Nacional de Picos de Europa, Cangas de Onís (Asturias) Valdeón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Pan de Carmen
ACCESO: Dende Cangas de Onís pola AS – 114, que vai a Arenas de Cabrales; en Soto de Cangas, collemos a estrada AS – 262, que leva a Covadonga. A estrada sobe 11 km. máis ata o Collado les Veleres, onde collemos a pista que vai a dereita, deixando o lago Enol a nosa esquerda, que nos levará en 2 km. a Pan de Carmen.
HORARIO: 8 horas DESNIVEL: 1.024 m. de subida – 1.652 m. de baixada
DISTANCIA: 18 km DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Travesía
MAPAS: I.G.N. – 55 – II – IV
SINOPSE: Travesía clásica en Picos de Europa con un percorrido de notable dureza porque atravesa o árido paraxe do Jou Santu, dende o que hai que facer unha interminable baixada ata a localidade de Caín. Pasaremos pola braña de Mesones, que aínda non fai moito estivo moi poboada polo verán, atopándose hoxe normalmente deshabitada.
DESCRICIÓN DA ROTA: Dende o aparcadoiro de Pan de Carmen (1.088 m.), baixamos lixeiramente pola pista ata cruzar o río Pomperi, mesmo ao lado do Pozo del Alemán. De seguida, comezamos un corto ascenso a Vega de la Piedra, seguindo a pista que axiña perde o rango para converterse nun bo camiño.
Dende Vega de la Piedra, onde as rochas brancas e as cabanas forman un fermoso espectáculo, subimos por bo camiño cara ao SE para chegar axiña ao cimbro Collado la Prida, que da paso a Vega de Canraso. Temos que cruzar ao longo pasando un regato na súa metade. Ao outro lado, xa no remate, acometemos a subida que nos conduce as cabanas que forman a popular braña da Rondiella.
Tras pasar o Collado Gamonal (1.491 m.), que acadamos subindo por unha costa cara ao sur, vemos aos nosos pés o refuxio de Vegarredonda, situado na cabeceira do val que da orixe ao río Junjumia.
Baixamos agora pola senda que segue cara ao sur, deixando o refuxio a nosa dereita, pasando a continuación xunto ao vello refuxio internándonos así na pendente canle de Llampa Cimera, tendo que facer varios zigzags para ir ganando altura. Fronte a nós, cara ao sur, vemos o característico monolito Porru Bolu por cuxa vertente setentrional vai o camiño cara ao Mosquil de Cebolleda. Nosoutros collemos a esquerda, en dirección este, seguindo de novo uns zigzags e chegando así ao Collado de la Fragua. Segundo pasamos este cimbro, o sendeiro sobe lixeiramente a dereita, en dirección sur, achegándonos ao comezo da crista dos Argaos pola súa parte occidental. Logo cambia de dirección polas Barrastrosas e bordea o circo que forma a aliñación que ven da Torre de Santa María de Enol e as Torres de Cebolleda. Ao remate dunhas revoltas chegamos ao Jou de los Asturianos.
Seguimos en dirección sur, e despois dunha pequena subida, entramos na depresión formada entre a Torre de Santa María de Enol e a Torre de la Canal Parda. chegado así a boca do Jou Santu (2.093 m.), no cal entramos polo lado setentrional de esta xigantesca depresión. Continuamos a media ladeira pola esquerda e, sen perder altura, por unha subida que hai unha pequena trepada, alcanzamos o Collado del Jou Santu (2.112 m.), onde o jou se expande cara ao leste. Este cimbro divide o xigantesco Jou Santu en dúas partes ben definidas.
Deixamos os fitos de pedra que orientan cara a Canal Estrecha da Torre Santa e collemos o sendeiro que sae do cimbro a nosa esquerda, procurando non perder moita altura. Vamos pola ladeira da Torre da Canal Parda e da Torre del Alba ata a Torre de Piedralengua, para chegar ao Boquete (2.015 m.), a altura da Aguja de Mesones.
A partir deste punto, todo o percorrido transcorre costa abaixo. Baixamos do Boquete, primeiro en dirección este. Anque poderíamos perder altura rapidamente de forma directa cara a zoa de Los Frieros, e mellor ir orientando os nosos pasos cara ao SE en dirección ao Hoyo Verde, a cuxa parte superior chegamos pola Colladiella.
Sen baixar ao jou, bordeámolo cara ao leste para despois camiñar en dirección norte en busca da Majada de Mesones, a que chegamos despois de baixara por unhas cómodas revoltas.
Dende a Majada de Mesones (1.460 m.), camiñamos en dirección norte un curto tramo ata a fonte, e a continuación orientamos os nosos pasos ao leste, comezando a perder altura rapidamente. O camiño, sen perda, lévanos ao Sedo de Mesones, polo que baixamos sen problemas. Despois duns acusados zigzags, chegamos a fonte de Cuciao, e un pouco despois alcanzamos o rego da Pasada, orixe do río Chico que pasa por Caín de Arriba. Neste lugar hai unha fermosa fervenza.
Acompañando o rego, que cruzamos nun par de ocasións, chegamos polos prados do Joo a unhas nogueiras e, a continuación, a parte noroccidental da abandonada aldea de Caín de Arriba (640 m.).
Dende aquí proseguimos a baixada ben pola dereita do río Chico, seguindo o Camino del Sedo, ou ben pola esquerda, tendo neste caso que cruzar o río cara ao rego de La Jerrera, polo camiño de Pendín.
Desta maneira chegamos a Caín (460 m.), onde pernoitaremos despois dunha cea ben merecida.