01 02 11 DE SAN ANTOLÍN A SANTISO E VOLTA POR CASTAOSA (Asturias)

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Ibias (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: San Antolín

ACCESO: San Antolín chegamos pola estrada da Garganta seguimos cara a Fonsagrada e no alto de O Acebocollemos a dereita a estrada que vai a Ibias.

HORARIO: 6/7 h.                   DESNIVEL: 600 m                  DISTANCIA: 18 km

DIFICULTADE: Media            TIPO DE ROTA: Circular          MAPA: I.G.N. - 74 – IV

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota sae de San Antolín pola estrada que vai a Sena  onde, a cincuenta metros collemos un desvío á esquerda indicado como rota PR-AS-26 a Cuantas; un camiño que pouco mais tarde chega ata a estrada de entrada ao pobo. Despois de saír do casco urbán polo camiño de Linares, subindo suavemente atravesamos a canle de A Regueira de Noas e despois a de Regueiro de Robleda. Chegamos así ata o lugar coñecido como As Cruces de Linares, onde existía un vello castiñeiro fofo no que segundo a tradición depositábanse as cruces dos ataúdes que baixaban ao cemiterio de San Antolín dende as aldeas da montaña.

            A dous quilómetros e medio da partida, no alto da Cortía do Chao, descansamos un anaco para repoñer forzas e desfrutar da paisaxe do Val do Ibias onde podemos ver  as aldeas de Piñeira, Vilarmaior e Vilarcebolín na ladeira de enfronte, mentres que debaixo ao fondo vemos San Antolín, A Mergulleira, SanRomán e Cecos.

            O seguinte tramo, ata Linares ou Liares que é o mesmo, durante dous quilómetros de percorrido, vamos en sentido descendente para entrar no pobo xunto a uns hórreos de teito de palla. Unha vez pasado o pobo o camiño volve ascender seguindo a canle do regato de Llamas de Rubiás ata pasar as súas fontes onde xira a dereita unha vez que alcanza a pista que vai da braña de Leituelos a Santiso. Aquí a rota tórnase practicamente en chan durante un  quilómetro e medio. Na entrada ao pobo de Santiso pásase xunto a unhas auténticas pallozas, cabanas de paredes de pedra e teitos de palla onde os ancestrais habitantes convivían xunto aos animais separados por sinxelas divisións de madeira.

            Esta rota ten a volta a San Antolín seguindo a pista que parte de Santiso cara Castaosa con  unha  bifurcación a quilómetro e medio onde seguiremos pola dereita e logo á altura de Castaosa temos outra onde tamén colleremos a dereita si non queremos entrar no pobo. De aquí a San Antolín, pasando por Cuantas o  camiño é costa abaixo onde deberemos pasar interminables zigzags para salvar os case cincocentos metros de desnivel que nos separan do remate da rota.