02 01 24 SANTA EULALIA – SEIMEIRA – BUSQUEIMADO (Santalla de Oscos) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Santa Eulalia d´Oscos – Asturias
ACCESO: Dende a Veiga pola estrada da Garganta e logo aquí collemos a dereita a estrada en dirección Fonsagrada.
HORARIO: De 5 a 6 horas. DIFICULTADE: Baixa
SINOPSE: Situada no occidente de Asturias, Santalla d´Oscos ten antigas tradicións e gran interese histórico. Bosques autóctonos, arquitectura popular e talleres artesáns dentro dun marco rural tradicional que dan boa mostra do ideal que resulta a práctica do sendeirismo neste concello de Asturias.
Seimeira e un nome que se da nesta zona a un salto de auga. Situada nas profundidades dunha fraga, esta fervenza sorpréndenos nun recuncho do camiño.
Rota de fácil andar e de plena paz xunto ao río Agüeira.
Aproveitaremos para visitar a fermosa vila de Santalla d´Oscos, capital do concello onde temos a Casona de Prida (s. XVII e XVIII ) e a igrexa parroquial.
DESCRICIÓN DA ROTA: O concello de Santa Eulalia d´Oscos é un paraíso escondido entre bosques milenarios, con unha riqueza natural e cultural sorprendente neste recuncho do Occidente Asturiano.
Partimos do mesmo centro urbano de Santa Eulalia ou Santalla como tamén se dí, para atravesar a estrada que vai á Fonsagrada e por pista asfaltada chegar ao comezo da rota situada na área recreativa de Agüeira.
Saímos da area recreativa a través da natureza autóctona pola beira do río entre antigas corripas e cortíns, logo de percorrer cincocentos metros chegamos a aldea de Pumares de antiga actividade ferreira. Seguimos o camiño gozando pola beira do río e subindo suavemente para chegar a aldea abandonada de Ancadeira de antiga servidume. Sigue o camiño entre castiñeiros e carballos que nos fan un entretido andar, axiña vemos a seimeira altiva, duns quince ou vinte metros, pola cal o Agüeira se precipita facendo unha fermosa fervenza para a foto de rigor.
Volvemos uns metros para retomar o camiño subindo polo bosque por un sendeiro empinado para chegar a Busqueimado onde xunto a capela e debaixo de dous teixos daremos conta da xanta.
Logo de repoñer forzas e folgos volvemos polo mesmo camiño medio quilómetro onde chegamos a unha bifurcación. Aquí temos dúas opcións: Unha é coller o mesmo camiño polo que subimos e volver ao comezo da rota polo sendeiro da subida, sen dúbida máis fácil que coller a segunda opción que nos levará cara a aldea de Ventoso logo de baixar a un regato que ven do Ventorrillo, o cal teremos que cruzar e subir por un camiño con un lameiro de considerables proporcións antes de chegar a Ventoso.
Logo de cruzar esta aldea por pista asfaltada collemos un sendeiro a nosa esquerda que baixa cara a aldea abandonada de Ancadeira e dende aquí seguimos polo mesmo camiño ata o comezo desta excursión. A area recreativa de Agüeira.