02 07 25 ROTA DO RÍO ALBA (Sobrescobio) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes – Sobrescobio (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Soto de Agues (425 m.)

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada que vai ao Porto de Tarna AS-17 ate a aldea de Rioseco.

HORARIO: 5/6 h.               DESNIVEL: 250 m.                           DISTANCIA: 14 km.

DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE ROTA: Ida e volta               MAPAS: I.G.N. - 54 – III – 79 - I

SINOPSE: A rota do río Alba transcorre por un pequeno val de enorme beleza que contén un gran faial de máis de 500 hectáreas (Monte Llaímo). Atópanse tamén carballos, castiñeiros e nas zonas altas  faias, tilleiros, abeleiras e teixos.

     Nas paredes rochosas do desfiladeiro existen plantas carnívoras, Tirigaña, que podemos distinguir por ter insectos aturtullados nas súas follas. Esta cunca alberga a poboación máis importante do Principado de Merlo Peixeiro, e no máis alto, con sorte poderemos mirar algún rebezo. O río ofrécenos numerosos pozos, remuíños e fervenzas de ate 10 m. de altura.

     O camiño está ben sinalado resultando cómodo e entretido, se ben no sendeiro que atravesa o desfiladeiro debemos tomar precaucións, sobre todo, si está húmido na súa parte final pois é alí onde ten maior pendente.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota comeza na fermosa aldea de Soto de Agués ao lado de Rioseco. Xa nos aparece sinalada nas aforas nun panel indicativo situado nunha caseta, xustamente no aparcamento onde tamén existen uns lavadoiros e unha fonte. Dese aparcadoiro sae unha pista cómoda, ancha e chá. Os  primeiros pasos avanzan no medio dunha paisaxe encantadora de verdes prados, cercas de madeira e modestas cabanas, sempre con a verde Veiga de Soto á esquerda.

    O camiño vaise aproximando lentamente ao río pasando ao lado dunha piscifactoría. Tras pasar este lugar, as augas turbulentas baixan tan preto de nós que nos permite achegarnos ate o mesmo río e gozar das fervenzas e mirar os rebolos enriscados entre as rochas cubertas de mofos.

    A pista prosegue sen dificultade, deixando detrás unha pasarela de madeira por onde o camiño cruza para chegar a un albergue cercán. Máis adiante podemos ver os muros dunha instalación industrial (Campurru-Pandames) (550 m.) que antano foi cargadoiro de mineral extraído na mina próxima de Carmen. Seguimos xunto á canle do río deixando atrás varios carreiros que se van pola dereita, máis despois de pasar xunto á unha nova fonte de auga chegamos ao Pontón de Retortorio (550 m.) onde temos tres ramais abertos a tódolos lados. Debemos coller o camiño do centro, que prosegue cara ao leito do río a través dunha pista que pouco despois se converte nun cómodo carreiro.

    O val vaise estreitando a cada paso e pouco máis tarde chegamos a un estreito desfiladeiro, Foces de Llaímo, cortado por paredes verticais que case nos levará unha hora atravesalo. O carreiro aparece entre verticais paredes, entre túneles e voadizos escavados  na rocha. Durante todo este tramo, o carreiro cruza o río por dúas pontes: primeiro La Pontona e despois La Resquiebra, onde as augas parecen perderse nas profundidades.

    Durante a segunda metade da engroba case non temos desnivel, máis ben unha pendente suave que remata nunha terceira ponte ao final da engroba, pouco nos falta xa para acadar a paraxe chamada Cruz de los Ríos, onde se unen os regatos que baixan de La Forcada e o Retriñón.

    Podemos descansar nunha vella cabana, habilitada como cantina no verán xunto ao monte de Llaímo, poboado por un frondoso faial.

      Sen dúbida esta fermosa camiñada e das que crea adicción.