02 09 22 PONCEBOS – CULIEMBRO – LAGOS DE COVADONGA (Cabrales e Cangas de Onís) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Picos de Europa (Cabrales, Onís e C. De Onís)   Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Poncebos

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada N-634 ate Arriondas e aquí coller a estrada que vai a Panes ata Arenas de Cabrales onde tomaremos un ramal a dereita que nos leva a Poncebos 

HORARIO: Entre 7 e 8 h

DESNIVEL: 1.129 m de subidas e 420 m de baixadas. 

DIFICULTADE: Media/alta            MAPAS: I.G.N. – 55 – II – IV

SINOPSE: Fermosa rota que parte de Poncebos para seguir polo famoso desfiladeiro do Cares durante 6 quilómetros ata Culiembro e remata xunto aos Lagos de Covadonga.

    A máxima pendente que debemos salvar está na Canal de Culiembro, un interminable zigzag por un pedreiro que nos levará preto de hora e media superalo para acadar a Majada de Ostón e dende aquí Vega Maor.

    Dende o alto da canle, as vistas ao desfiladeiro do Cares son impresionantes, ademais o que nos espera será un entretido camiñar entre veigas e brañas con vistas aos cumes máis importantes desta zona.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota comeza en Poncebos seguindo a famosa Rota do Cares ata os invernais de Culiembro. Xa de saída podemos admirar o impoñente Murallón de Amuesa que cae vertical enriba de Río Cares e logo da primeira subida temos un cómodo camiño que transcorre paralelo á canle de auga que baixa dende Caín para mover as turbinas da central hidroeléctrica de Poncebos.

    Unha vez que chegamos a Culiembro despois de percorrer seis quilómetros, aparece un  carreiro á nosa dereita en sentido ascendente o cal temos que coller. Esta e a famosa Canal de Culiembro, comunicación natural con os invernais de Ostón, e aínda que para a maioría non sexa coñecida a partir de hoxe ben que se van lembrar dela.

    A subida que comeza en Culiembro, axiña vai gañando altura facendo pequenos zigzags que nos fan un pouco máis cómodo o camiño se cabe. O esforzo é importante obrigándonos a facer paradas frecuentes para tomar resollo e de paso tirar unha ollada ao que levamos subido, e o que é peor, o que nos falta por percorrer. As vistas que se van sucedendo mentres vamos ascendendo son de verdade fermosas, o río cada vez máis lonxe, o camiño da Rota do Cares  parece agora máis estreito e o Murallón de Amuesa colle outra perspectiva dende a altura que levamos. Despois de superar o tramo máis duro da rota acadamos a Majada de Ostón chamada tamén o miradoiro do Cares, logo aquí vamos darnos conta porqué mereceu a pena este esforzo. Os cumes do Macizo dos Urrieles vense impoñentes con as alturas máis importantes da Cordilleira Cantábrica como son o Pico Los Cabrones e Torrecerredo entre outros.

    Ostón e un bo sitio para descansar e repoñer enerxías que ben o merecemos. Logo desta parada saímos cara á dereita  subindo lentamente polo val da Texa ate acadar o rego Raia que nace nun pequeno lago no que se chama Vega de los Corros. A altura á que nos atopamos aproxímase aos 1.200 m cerca xa de Vega Maor, chamada así  en referencia a súa extensión con grupos de invernais e cabanas de arquitectura popular con gordas paredes e pequenas fiestras.

    Estamos metidos no medio dunha paisaxe agarimosa con alturas suaves que fan o camiño agradable para os nosos pés. Temos unha fonte (seca neste tempo) que o mesmo tempo serve de bebedeiro para o gando, un pouco á nosa esquerda existe unha sima ou pozo xunto a cal pasamos que ben pode servir para os non iniciados no deporte de trepada.

    De fronte temos o monte Mortayales preto do cal pasa o carreiro que logo dunha pequena subida lévanos á acadar o cimbro de Sierra Buena dende a cal adiviñamos a posición dos lagos pero que de momento non vemos. Superado este punto alcanzamos a Majada de Arnaedo dende a cal a baixada a través das praderías de Guelga faise suave e entretida no medio dunha paisaxe adicada á gandeiría e na que temos outra fonte. Aquí nace o río Casaño que rega este fértil val. Nós seguimos baixando polo chan de bo andar e así, despois dunha pequena subida, atopamos unha pista, que debemos seguir e, logo de coroar, aparece ante nós a Majada de Belbín de curiosa forma e moi coidada como case todas do Parque Nacional de Covadonga.

    Unha pequena subida lévanos xunto a fonte da Texa onde comezamos a baixada cara ao lago que temos enfronte de nosoutros contrastando a súa cor azul con o verde dos prados. Seguimos baixando cara as minas hoxe abandonadas de Buferrera para acadar a beira do lago e con un pouco máis de camiño chegamos ao aparcamento.