03 01 26 FORCÓN DOS RÍOS (Santalla de Oscos) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Santa Eulalia de Oscos
ACCESO: Na Veiga collemos a estrada que sobe o porto de A Garganta e aquí xiramos a dereita en dirección Fonsagrada.
HORARIO: 4 - 5 horas DISTANCIA: 12 – 17 km. TIPO DE ROTA: Circular
DESNIVEL: 150 m. DIFICULTADE: Baixa
SINOPSE: Rota de natureza e etnografía. O sendeiro entre montañas e ríos achéganos a confluencia formada polos ríos Villanueva e Barcia (forcón dos ríos).
DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos de Santa Eulalia baixando en dirección a Ferreirela, aldea onde naceu o Marques de Sargadelos, e vamos achegándonos ao río Agueira para nun entretido camiñar acadar a aldea de Caraduxe. O camiño non ten dificultade ningunha, vainos levando por un fermoso paraxe de árbores autóctonas e aldeas en estado de medio abandono. Así desta maneira chegamos á seguinte aldea que se chama San Julián, tamén na beira do río,
Logo cruzamos o río Agüeira para camiñar por entra as casas de A Valía, aldea de moi alto valor etnográfico e berce dos Lombardero, reloxeiros e inventores, sempre sen perder a canle do río, e pasar por As Casías, aldea tamén de indubidable valor paisaxístico, Seguimos este entretido camiñar para alcanzar a estrada que ven de Santalla a San Martín, a cal temos que cruzar pois o sendeiro segue pola beira do río. Agora atopamos o paraxe que da nome a esta rota, o Forcón dos Ríos, onde se xunta o que baixa de Vilanova de Oscos con o rego de Vega del Carro. Sitio fermoso onde os haxa no cal podemos aproveitar para dar conta da xanta.
O nos percorrido sobe agora por un sendeiro bastante costo polo val do río Barcia que pouco a pouco nos leva cara á Vega del Carro. Logo de aquí quédanos unha fácil subida as Poceiras e Millarado.
Na aldea de Millarado, xusto ao pasar Casa Rodil, temos unha bifurcación onde existen dúas opcións, a esquerda parte unha pista de terra que bordea o monte Penoes. A pista remata e da paso a un camiño que comeza a baixar cara a un monte de caducifolios. Chegamos a un cruce de camiños onde seguimos de fronte, avanzando por enriba dunha parede ata chegar a estrada asfaltada. Unha vez nela, debemos cruzar e coller o camiño que colle a dereita por debaixo da estrada. Este camiño sen perda, vainos levar de volta a Santalla.
OPCIÓN CURTA: Para todos os que non queiran dar esta volta, na bifurcación antes dita, en Millarado, deben seguir de fronte por unha pista asfaltada e non desviarse dela, pois a de levarvos directamente a Santalla.