03 03 09 LES CUERRIES – TARANES – MESTAS (Ponga) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Concejo de Ponga  (Asturias)

ACCESO: Dende Oviedo pola autoestrada A-8, que enlaza con a estrada N-634 ata Arriondas; aquí desviámonos pola A-637, pasamos Cangas de Onís e pouco antes da aldea de Santillán collemos a AS-261 que nos leva a Sellaño.

HORARIO: 6 - 7 h                      DISTANCIA: 12 km                TIPO DE ROTA: Travesía

DESNIVEL: 700 m aproximadamente                                        DIFICULTADE: Media

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Comezamos o camiño xusto onde o río das Cuerries desemboca no río Ponga. Nada mais comezar temos un tramo de forte pendente con unhas escaleiras que moi axiña nos sube por enriba do río. Pasada esta primeira dificultade, o camiño tórnase máis fácil e segue en todo momento a canle do río. Aparecen espalladas polo medio do monte algunhas cuerries (son pequenas casetas de pedra, hoxe en ruínas, onde se gardaban os ourizos. Ouriceiras en galego).

     Vamos camiñando sempre en subida a carón do río, o cal temos que cruzar en repetidas ocasións no medio de unha paisaxe de frondosas por entre paredes de rocha verticais impoñentes.

     Non podo explicar aquí cada paso que vamos a dar, só hai que seguir o río e gozar da camiñada que aínda anque é ben costa, merece a pena o esforzo. Hai un tramo que o río desaparece entre as pedras, temos unhas reviravoltas e máis enriba o río volve aparecer, pasamos por enriba dunhas árbores caídas e cruzamos por derradeira vez a canle do río para pasar a unha zona mais despexada pero non por iso menos costa.

    Temos que ir subindo polo que se ve que foron prados cara á dereita, cruzaremos uns arames e subiremos ata o cimbro que xa miramos dende ben abaixo.

    Una vez neste cimbro onde hai dúas cabanas temos a vista Valle Moru. Os mais andadores irán á dereita por ese camiño para baixar a Ambingue e Sellaño.  

    Os demais ao chegar as cabanas, paramos a coller folgos e comer, logo collemos a pista á esquerda para despois de pouco tempo situarnos no Collado de Llués. Estamos mesmo debaixo da impresionante Peña de Taranes, podemos ver a Llambria que visitamos en días pasados e tamén temos fermosas vistas mirando ao leste, do pico Pierzu e Picos de Europa con a Torre de Santa María como o cume mais rechamante. Dende aquí o camiño xa e moi fácil e vai levándonos case sen desnivel ata outro cimbro que temos que pasar. E o Collado Taranes situado enriba desta aldea e dende o cal, o camiño que nos resta primeiro por pista de formigón e logo de asfalto e todo en forte baixada.

    Podemos facer unha parada en Taranes onde existe unha cantina e logo de botar unha ollada a aldea proseguimos o itinerario que ainda anque sexa por pista asfaltada as vistas das aldeas e lugares que vamos vendo son fermosas.

    Logo de moitas voltas a estrada pasa por Tanda e pasiño a pasiño vainos levando ata as Mestas.

 

Las Cuerrias - Valle Moru – Sellaño

 

SITUACIÓN: Concejo de Ponga  (Asturias)

ACCESO: Dende Oviedo pola autoestrada A-8, que enlaza con a estrada N-634 ata Arriondas; aquí desviámonos pola A-637, pasamos Cangas de Onís e pouco antes da aldea de Santillán collemos a AS-261 que nos leva a Sellaño.

HORARIO: 7 - 8 h                   DISTANCIA: 16 kms             TIPO DE ROTA: Travesía

DESNIVEL ACUMULADO: 1.500 m. aproximadamente                  

DIFICULTADE: Alta, tanto polos desniveis como polo camiño de incómodo andar.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Comezamos o camiño xusto onde o río das Cuerrias desemboca no río Ponga. Nada mais comezar temos un tramo de forte pendente con unhas escaleiras que moi axiña nos sube por enriba do río. Pasada esta primeira dificultade, o camiño tórnase mais fácil e segue en todo momento a canle do río. Aparecen espalladas polo medio do monte algunhas cuerrias (son pequenas casetas de pedra, hoxe en ruína, onde se gardaban os ourizos. Ouriceiras en galego).

    Vamos camiñando sempre en subida a carón do río, o cal temos que cruzar en repetidas ocasións no medio de unha paisaxe de frondosas por entre paredes de rocha verticais impoñentes.

    Non podo explicar aquí cada paso que vamos a dar, só hai que seguir o río e disfrutar da camiñada que ainda anque é ben costa, merece a pena o esforzo. Hai un tramo que o río desaparece entre as pedras, temos unhas reviravoltas e mais enriba o río volve aparecer, cruzamos por enriba duns árbores caídos e cruzamos por derradeira vez a canle do río para pasar a unha zona mais despexada pero non por iso menos costa.

    Temos que ir subindo polo que se ve que foron prados cara a dereita, cruzaremos unhas alambradas e subiremos ata o cimbro que xa miramos dende ben abaixo.

    Una vez neste cimbro onde hai dúas cabanas damos vista a Valle Moru. Collemos a pista a dereita para despois de unha longa baixada atravesar o río Valle Moru e encarar a subida ata a aldea. Agora totalmente abandonada e dende sempre aillada, este sitio recórdanos a Asturias antiga. Se non paramos antes, agora e o momento de repoñer forzas pois ainda queda no mellor dos casos tres horas e media de camiñada.

Deixamos Valle Moru por o camiño oposto ao que subimos para baixar a outro regato o cal cruzamos e subimos a un prado. Este prado temos que cruzalo moi preto do fondo ata atopar as marcas dun sendeiro que nos levan pola ladeira de enfronte a Valle Moru. O camiño non ten perda pois está ben marcado, solo hai que ter coidado porque e de mal andar pero en ningún momento perigoso.    Atravesamos esta ladeira en toda a súa lonxitude para pasar un cimbro e cambiar de ladeira. Agora ben o tramo mais costo de baixada por entre carqueixas e restos de monte que foi queimado, onde debemos prestar atención porque o sendeiro e esvaradizo e pérdese estres os arbustos pero para nada complicado volver a atopalo.  

Vemos no fondo o resto dunhas casas, onde se xunta o río Velle Moru e o regato de Piedrafita, o cal temos que cruzar buscando un sitio cen metros mais enriba da súa desembocadura onde temos uns troncos atravesados na canle do río para facernos mais fácil o paso. Estamos no que chaman La Estación. Aínda que pareza mentira, ata aquí chegaba un pequeno tren pola beira do río para baixar a madeira dos bosques que alí existen ata Sellaño onde se cargaba en camións para levala as minas.

Agora o tramo que nos queda e pola beira do río onde temos algúns pasos nos que poñer atención ante posibles esvaróns. Pasada unha cabana solitaria na beira do río, o camiño está en bo estado porque e o resto da caixa do tren. Seguimos  ata unha bifurcación onde temos que coller para arriba en dirección a Ambingue e logo dende aquí por estrada asfaltada durante dous quilómetros e medio chegamos a Sellaño onde nos recolle o autocar.