05 07 17 MONTES AQUILIANOS (Ponferrada e O Bierzo) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

(Alto del Morredero – Campo de las Danzas – Area recreativa de Ferradillo)

 

SITUACIÓN: Comarca de O BierzoPonferrada (León)                                                

PUNTO DE PARTIDA: Estación de esquí de El Morredero

ACCESO: A El Morredero chégase pola estrada Ponferrada  - Sanabria.

HORARIO: De 5 a 6 horas          DESNIVEL TOTAL ACUMULADO: 800 m.                 

DISTANCIA: 15 km.                  DIFICULTADE: Media           TIPO DE ROTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 191 – II – IV – 192 – III

SINOPSE: Esta travesía completa é un duro traxecto que percorre as montañas de laxe que pechan polo sur o val do Bierzo, os Montes Aquilianos. Tomando como punto de partida a estación de esquí de El Morredero seguimos as cristas dos montes ata chegar a unha área recreativa por debaixo do Campo de las Danzas.

     Durante esta travesía, o encontro con circos glaciares e constante e a visión que nos ofrece impresionante. Camiñaremos preto dos dous mil metros de altitude e poderemos observar gran parte da comarca do Bierzo.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Durante case todo o percorrido, temos referencias de pintura vermella en estacas de madeira e pedras, que nos orientan no camiño.

    Comezamos a andaina pola pista que sae á dereita da estrada, no Alto de los Portillinos (1.957 m.), subimos por ela ata a caseta do final do remonte da estación de esquí e seguimos ata a torre de telefonía. A flora de montaña, narcisos e xenciana e o predominante da zoa.

    O camiño agora baixa achegándonos á beira del podemos observar un circo glaciar. Subimos de novo ata o Pico de la Silla de la Yegua (2.143 m.) onde se levantan dúas casetas, unha de ICONA e outra de telefonía. Á dereita delas hai un gran fito de pedras xunto ao cal temos que pasar e á esquerda outros dous circos glaciares pertencentes a zona de Cabrera. Baixamos pola lomba do monte sobre os vales de Peñalba de Santiago.

    Agora dende este novo cimbro, por camiño marcado en chanzos de laxe, toca subir ao alto das Berdiaínas (2.116 m.). Volvemos a baixar pola crista que cae sobre o val do Friguera, co seu circo glaciar. Na cabeceira do Valle del Silencio, acompáñannos magníficas panorámicas.

    Comezamos o ascenso ao Pico Tuerto (2.051 m.) entre prantas de xenciana e dende o cume podemos mirar de novo a aldea de Peñalba e unha panorámica da Hoya de Ponferrada.

    Nova baixada, pasando polo Tesón, ao fondo podemos ver a aldea de Montes de Valdueza, para ganar outro cimbro e de novo volta a subir, esta vez ao cume de La Aquiana (1.849 m.). Aquí existe unha capela e unha caseta de ICONA. Este é un excelente miradoiro das tres comarcas: o Bierzo, Cabrera e a Maragatería.

    Baixamos por un cortalumes e logo collemos un camiño medio escondido entre piñeiros. Este camiño lévanos a unha pista máis ancha que seguimos ata unha curva moi pronunciada á esquerda. Neste punto temos dúas opcións. Seguir a pista ata o Campo das Danzas e dende aquí por pista asfaltada ata a área recreativa de Ferradillo que se atopa dous quilómetros e medio máis abaixo na beira da estrada. Podemos acurtar bastante se na curva antes dita seguimos monte abaixo ata atopar o camiño que ven de Montes. Unha vez neste carreiro collemos á esquerda e seguimos ata atopar a área recreativa xunto a estrada que baixa do Campo de las Danzas.

AVISO IMPORTANTE: E imprescindible levar auga en abundancia. Non existe ningunha fonte en todo o percorrido.

O Bierzo

    A comarca do Bierzo, está situada no noroeste peninsular, na provincia de León. A súa historia remóntase ata a prehistoria con descubrimentos tan importantes como as pinturas rupestres de Peña Piñera e de Librán. A súa estratéxica situación a un paso de Galicia e Asturias, favoreceu o asentamento de numerosas civilizacións. Moitos son os adxectivos que describen o Bierzo, pero o que máis marcou durante séculos foi o misticismo. As lendas propáganse pola comarca dando lugar a adoración de santos e santas en calquera cume ou val. O Camiño de Santiago, ó seu paso polo Bierzo vai marcando unha rede de aldeas e cidades. Conta a lenda que sete irmáns subiron ao alto dos Montes Aquilianos e cando observaron o Bierzo, creron que habían atopado o paraíso.          

     Alto de El Morredero          

    Situado nos Montes Aquilianos, pertence a comarca do Bierzo, con unha altitude en torno os 2.000 m. son un punto de interese xeolóxico polos séus materiais paleozoicos de morfoloxía glaciar. Neles, comenzou a desarolarse unha estación de esquí, na que actualmente so funciona un remonte. El Morredero foi meta final de algunha etapa ciclista.

      La Aquiana

    Fermosa montaña, anque de modesta altitude, que nos amosa unha das mellores panorámicas de tres comarcas distintas, O Bierzo, Cabrera e a Maragatería. O seu entorno está poboado de piñeiros e nos seu cume existe unha ermita.

    Molinaseca

    Vila que, se temos tempo, ao remate da camiñada podemos visitar. Capital do concello do seu mesmo nome, aséntase as beiras do río Miruelo. É un paso importante no Camiño de Santiago o seu paso polo Bierzo. A Calle Real e o eixe da vila e toda ela forma un conxunto histórico.

      Son de interese a súa ponte medieval, a arquitectura relixiosa, e as casonas ilustres.