05 08 21 Demués – La Molina (Onís e Cabrales) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
Cabeza de Pandescura (1.000 m.)
(Travesía Demués – La Molina – Canales de Cabrales)
SITUACIÓN: Onís e Cabrales (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Demués (436 m) PUNTO DE CHEGADA: Canales de Cabrales (430 m)
ACCESO: Na estrada, Arriondas – Panes, AS – 114, a altura de Benia, temos que coller a que sobe a Demués.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 335/564 m DISTANCIA: 16/18 km
DIFICULTADE: Baixa/Media TIPO DE ROTAS: Travesías MAPA: I.G.N. – 55 - II
SINOPSE: O río Casaño nace en Hoyo La Madre, onde se recollen as augas dunha boa parte da vertente do Cornión. Logo sae do macizo a través dunha angosta garganta que se abre entre o sector de Cabezo Llerosos e o cordal de Pandescura. E dende este cume precisamente dende onde se dominan as vistas máis atractivas da garganta do Casaño.
Toda a parte alta da garganta atópase cuberta por espeso bosque de faias, pero tamén hai especies como o acivro, rebolos, sorbas, carballos, abruños, aciñeiras, espiños, toxos, etc. o que fai que a primeira parte do curso do río sexa practicamente inaccesible.
Máis abaixo, existen algunhas brañas nas que se conserva unha boa mostra das construcións populares da rexión. Cercados de madeira e varas de abeleira que distribúen entre as cabanas a sombra dalgúns freixos e vellos castiñeiros. As pontes que cruzan o río en repetidas ocasións, case non foron modificadas, tan solo, sobra deste idílico paisaxe as ruínas dunha central hidroeléctrica que se atopa na última braña. A auga que ía a mover as súas turbinas sería levada da parte alta do río por unha canle tallada na rocha en algúns lugares, da mesma forma que se fixo na Garganta do Cares. Este proxecto nunca foi rematado.
Esta rota, que sobe a Cabeza de Pandescura e baixa polo Casaño recorre a parte máis accesible da garganta, completando así unha travesía que se caracteriza, sobre todo, pola variedade paisaxística.
DESCRICIÓN DA ROTA: A entrada da aldea de Demués (436 m) collemos unha pista que sae a esquerda, xunto a un hórreo. Pásase, antes de deixar a aldea, xunto a Rectoral e a Capela de San Francisco. Aos poucos minutos de marcha abandonamos a pista para comezar a subida por unha caleya que sobe diagonalmente pola esquerda (Las Prunalinas) (440 m) ata o primeiro cimbro (Collado de la Vegina). Este cimbro forma parte da larga lomba que baixa de Cabeza de Pandescura cara ao NO, e pola que sobe o camiño, as veces o fío da outra vertente.
O camiño sobe agora polo lado E ata Covalierda (686 m), braña que recibe o seu nome dunha gran cova que se atopa 200 m por debaixo. Trátase dunha cova sumidoiro, como tantas que hai en Picos, na cal atopan refuxio os rabaños que pacen polo redor. Aínda que parece que se acaba o camiño, de seguida o atopamos o subir a lomba, a cal seguimos ata un novo cimbro no que hai algunhas cabanas e árbores.
Dende o comezo da subida, vanse deixando ver algúns cumes de Picos de Europa, máis, no lugar coñecido como La Berruga aparece todo el case por completo. O camiño pasa agora a outra vertente e recorre horizontalmente a ladeira ata outro cimbro, xa moi preto do cume.
Estamos nos Llanos de la Cruz, a onde se pode tamén chegar dende a Berruga por outro camiño que atravesa a vertente oposta da lomba. Ámbolos dous camiños, xúntanse onde a fonte de Los Pastores, un fresco manancial no que podemos coller auga.
Nos Llanos de la Cruz, decidiremos o camiño a seguir. Quen queira subir a Cabeza de Pandescura, opción esta moi recomendable, debe iniciar directamente a ascensión cara ao cume, que se ve no alto presentando a característica forma de turrón. Sóbese ao largo da lomba, entre breixos e fentos ata un grande ombro situado ao pé mesmo do cume. Alcanzamos unha pequena brecha que se forma entre o cume principal e un pitón rochoso a súa dereita, dende aquí directamente de chanzo en chanzo chegamos ao cume. A vista dende Pandescura sobre todo o macizo en xeral e o río Casaño é espléndida.
Agora toca baixar ata o ombro novamente e dende alí a Bustaselvín (874 m), que é unha cabana situada entre árbores que se ve cara ao sur. A esquerda desta cabana nace un sendeiro que nos levará ata o cimbro que vemos máis abaixo, Collado Reguero (771 m).
Dende os Llanos de la Cruz (768 m), quen nos suba a Cabeza de Pandescura, collerá un sendeiro de fronte que sen case desnivel deixaranos tamén en Collado Reguero.
Este cimbro está atravesado por unha antiga pista usada para sacar madeira, agora en desuso e case desaparecida. Seguimos cara ao E para entrar nun frondoso bosque, xa na vertente do Casaño. Esta pista rodea horizontalmente a Cabeza de la Cuécara ata rematar desaparecendo nun ombro ocupado por unha gran pedra en precario equilibrio. (Piedra Entalangá, 735 m).
Este lugar é un magnífico miradoiro dende o que se contempla a cabeceira do Casaño, totalmente cuberta de bosque.
Seguimos uns metros aínda por sendeiriño para entrar no Valle Llamero onde abandonamos o sendeiro e baixamos directamente por este val – canle, moi pendente e totalmente cuberto de carballos e faias. Neste tramo non existe ningún sendeiro, pero as posibilidades de perderse son poucas, si se baixa en vertical. Desta maneira chegamos ao río a altura dunha rústica ponte feita de troncos. Puente Llamero (475 m). O lugar e moi fermoso, perdido nas fonduras da garganta entre unha vexetación exuberante.
Cruzamos a ponte e subimos uns cantos metros por un sendeiro que ascende a esquerda. Ganamos así o camiño da canle que previsiblemente ía levar auga a unha central hidroeléctrica, agora en ruínas. Seguimos o camiño entre abundante vexetación ata que a garganta se estreita e se entra na parte máis pintoresca de todo o recorrido. O camiño continúa tallado na rocha, como no Cares, pero este e moito máis salvaxe. En tramos temos que camiñar agachados debido a escasa altura do medio túnel e a vexetación obstrúe o camiño tamén en varias ocasións.
Chegamos a unha brecha formada entre unha agulla desprendida da parede e a parede mesma onde temos que abandonar o camiño xa que un pouco máis adiante desaparece o sendeiro fronte a unha gran rocha. Antes de chegar a brecha, baixamos por un sendeiro ata o río, xusto a altura de Vega Batuda (452 m).
Continuamos pola marxe dereita do río entre fentos e árbores, seguindo un sendeiro que pouco a pouco vai cobrando importancia. En poucos minutos chegamos a unha ponte de troncos pola que se pasa a beira oposta para de seguida chegar a unha grande braña situada entre castiñeiros e nogueiras, con rústicas construcións. Este lugar chámase El Sitio e na outra beira están as ruínas da central hidroeléctrica.
O camiño agora máis ancho pasa de novo a outra beira pola ponte de Los Mineros (403 m), dende a cal seguimos sen problemas ata o remate da garganta, nunha estreitura onde o río labrou a súa propia saída.
Chegamos o lugar de Pompedro (334 m) onde cruzamos por unha ponte de formigón e seguimos por camiño ata La Molina (353 m). Dende aquí por estrada asfaltada debemos seguir outra media hora ata Canales (430 m).