06 09 30 Fuente Dé – Tiro Tirso – Llambrión – Collado Jermoso (Camaleño) Cantabria (Valdeón) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa. (Camaleño) Cantabria (Valdeón) León
PUNTO DE PARTIDA: Fuente De. Camaleño (Cantabria)
ACCESO: Pola estrada N – 621 que vai de Unquera a Potes e Fuente De.
HORARIO: 7/10 horas DESNIVEL: 1.700 m. DISTANCIA: 12/15 km.
DIFICULTADE: Alta (pasos de III en Tiro Callejo e Llambrión e de II baixando Tiro Callejo).
TIPO DE ROTA: Travesía (facendo noite en Collado Jermoso)
DESCRICIÓN DA ROTA: CANAL DE LA JENJUDA Dende a explanada do aparcamento que hai entre o parador e a estación inferior do teleférico (1.080 m.) entramos na ampla pradería de Fuente De, que subimos xunto ó límite da esquerda para así atopar o camiño que se dirixe ós Tornos de Liordes.
Na base da Canal de Liordes atopamos unha bifurcación na que seguiremos o camiño da dereita, máis tortuoso, que pasa xunto ó nacemento do río Deva, antes de tratar unha dobre curva. Na curva final cara a dereita (1.390 m.) debemos saír do camiño por un sendeiro que se eleva a esquerda por entre rochas e arbustos.
O sendeiro é áspero e gaña altura con rapidez. Avanzamos por esa rampla colgada oblicua a esquerda ata que vemos abrirse unha espectacular greta no murallón da dereita. Esta entalladura é a Canal de la Jenduda onde as nosas pegadas se dirixen cara ó norte.
Pasado o caos de rocha da base, temos que superar un bloque empotrado pola esquina da dereita (II -), onde pode haber unha corda fixa para facilitar o paso, e continuamos subindo polo fondo da canle onde tomamos as debidas precaucións por posible caída de pedras.
O corredor mantén a forte inclinación, máis con coidado, resulta fácil pasar. Así chegamos a un cimbro que da paso a unha veiga de pastos (1.760 m.) na que soe haber auga. Seguimos polo fondo do val ata que unha traza de paso que vai a dereita cara a base superior do teleférico. Remontamos a lomba ata coincidir coa pista que ven do Cable.
EL CABLE (1.850 m.): Dende este miradoiro sae unha pista moi transitada que vai a Áliva e as abandonadas minas de Altaiz. Desviarnos na Horcadina de Covarrobres (1.925 m.) polo ramal da esquerda baixo os derrubes de Peña Olvidada e chega ó recuncho pedregoso de La Vueltona (1.960 m.). Evitamos a curva a esquerda para seguir de fronte pola bagoada pedregosa, sempre ó pé das graveiras que caen dende o macizo de Peña Vieja.
Para saír desta bagoada (Hoyo Sin Tierra) salvamos un zigzag xunto a base da canle que baixa da Canalona. Enriba aparece unha bifurcación (2.220 m.) na que o noso sendeiro segue a esquerda e baixa para pasar debaixo da parede sur da Torre de Horcados Rojos. Subimos a un pequeno cimbro (2.250 m.) que da entrada a un jou na base do Pico Tesorero e aparece unha bifurcación na cal collemos a esquerda cara a Cabaña Verónica, deixando as nosas costas o cimbro de Horcados Rojos.
CABAÑA VERÓNICA (2.325 m.): Remontamos a lomba rochosa na que se asenta o refuxio en dirección ó Pico Tesorero. Unha vez alcanzada unha primeira elevación, damos vista ós Hoyos Sengros, de aspecto moi caótico. Atravesamos horizontalmente en toda a súa anchura a vertente sur do Tesorero sen perder altura. O camiño inexistente, teremos que trazalo intuitivamente, tratando de chegar a Collada Blanca co menor esforzo posible. Hai unha serie de lastras horizontais a modo de cornixas que se as seguimos con acerto facilitarannos moito a travesía.
Unha vez na Collada Blanca (2.352 m.), perdemos algúns metros de altura pola esquerda e despois dalgúns curtos destrepes acadamos o Hoyo Tras Llambrión. Remontamos este joucon lixeira tendencia a dereita zigzagueando para evitar algúns resaltes que cortan o paso.
TIRO TIRSO (2.640 m.): Dende o xeadeiro da cara norte, na parte máis alta ho Hoyo Tras Llambrión, achegámonos a brecha que hai entre Tiro Tirso e o Llambrión. Alí comeza a escalada da curta aresta oeste, que sen moitos problemas de itinerario a de levarnos nunha entretida trepada o mesmo cume de Tiro Tirso.
O itinerario de ascenso é de moi sinxela identificación, pois dende a brecha de entrada temos que subir polo mesmo fío, atopando algún paso de certa dificultade (III / III -)e logo por unha curta aresta, chegamos ó cume.
Facemos a baixada polo mesmo camiño para dirixirnos cara ó paso máis alto de Picos de Europa.
TIRO CALLEJO (2.560 m.): Dende este punto pódese efectuar a ascensión a Torre del Llambrión (2.642 m.). subindo unha fácil rampla que en dirección sur nos leva a crista na que hai que superar pasos (II / III -), un descendente e outro ascendente para chegar ó cume.
De volta, baixamos sobre a crista ata a brecha onde un muro (III -) nos separa da seguinte cota. No seguinte descenso destrepamos a plena crista (II, pequenos agarres e algo exposto).
Avanzamos a esquerda da divisoria para acceder a crista e descender sobre a vertente do Hoyo Tras Llambrión, xa pola fácil graveira. A dereita queda a pegada cara a Cabaña Verónica e avanzamos a esquerda ata o amplo cimbro de Tiro Callejo.
Baixamos a inestable graveira da súa vertente oeste (sinais de pegadas, 35º, rocha solta) ata que se desploma na parede rochosa. Entón seguimos a dereita unha canaliza (reborde esquerdo, I+, despois polo fondo) ata un zócalo que é preciso destrepar un pouco pola esquerda (II+, bloque encaixado, un parabolt a dereita permite baixar en rapel).
Por debaixo aínda resta un destrepe en oblicuo a dereita (II -) para baixar a graveira base, onde a esquerda cóllese o sendeiro diagonal que salva o resalte sobre o Hoyo del Llambrión e xa posibilita baixar (30º, rocha rota) ata dito hoyo (2.325 m.).
Enfronte aparece o sendeiro que segue baixando ata unha plataforma máis baixa dende a cal por sendeiro marcado con fitos chegamos a senda das Colladinas (2.050 m.). Pola esquerda vai o camiño que a través das Colladinas leva a Fuente De ou ó Caben de Remoña; pola dereita esta senda pasa xunto a unha fonte e vai ó refuxio de Collado Jermoso.