12 11 18 Brañas de Tarna - Vega Pociellu - Monte Fabucau (Caso) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes (Caso) Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Las Torres (940 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 17 que sobe ao porto de Tarna. Uns tres quilómetros antes de Tarna, no lugar coñecido como Las Torres, un camiño sae pola dereita que baixa ao río Nalón.

HORARIO: 5/6 horas             DESNIVEL ACUMULADO: 800 m             DISTANCIA: 14 km            

DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Circular                      MAPA: I.G.N. – 79 – II

SINOPSE: Fermosa ruta polo entorno de Tarna onde se visitan varias brañas e se atravesa o bosque Fabucau, un don montes mellor conservados de Redes.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na estrada de Tarna, collendo un camiño que baixa directamente a cunca do río Nalón. Chegado a este, cruzamos pola ponte La Campona á outra beira pola cal camiñamos uns metros, río arriba, ata que atopamos un pontigo feito cuns troncos de árbores, ponte de Enmedio. Pasamos de novo á outra beira e seguimos río arriba ata outra ponte de máis envergadura, a ponte Corral pola cal atravesamos de novo a canle do Nalón comezando de seguida a subida por un camiño que seguimos sen desviarnos en ningún ramal para chegar a primeira braña do día, a Ablanosa.

            Pasamos xunto á fonte cruzando a braña horizontalmente para seguir polo amplo camiño que pasa a carón da braña Carrascosa. Pouco despois temos un desvío pola dereita cun indicador que pon A la Vega, xusto antes da braña de La Muezca.

O camiño agora convértese nun sendeiro que transita pola faldra do monte Fabucau, podendo oír, un pouco máis abaixo, o murmurio do rego que baixa da Vega Pociellu. A fermosura do bosque fai que o noso andar sexa máis quedo, gozando así do entorno que temos presente.

            Sen máis complicacións, de repente, ábrese o bosque e aparece diante de nos a non menos fermosa Vega Pociellu; ampla pradeira que posúe algunhas cabanas.

            Logo de descansar en tan idílico lugar, temos que coller un sendeiro que sae do medio da veiga para introducirnos, de novo, no medio do bosque. Este sendeiro pasa por debaixo dos estribamentos da serra de Pries e atravesa de forma inversa,pero máis por riba, o monte Fabucau.

            O noso andar á deterse en bastantes ocasións para poder gozar de semellante obra da natureza. Un bosque en estado puro que teremos que atravesar de novo. O sendeiro, ben trazado, vainos inzando suavemente pola encosta do monte ata que de novo se volve a abrir o bosque e aparece, logo dunha curta subida, a braña de Cerreu, que tamén posúe unha fonte, aínda que seca no tempo de estío.

            Esta braña é un fermoso balcón dende o que podemos observar cumes como o Tiatordos, Maciédome, Peña Pileñes ou Peña Ten, entre outros.

            Cruzamos Cerreu pola parte Oeste para buscar un sendeiro, no remate do prado, que comeza a baixar internándose de novo no bosque achegándonos a seguinte braña de La Fuminosa.

            Pasamos xunta as cabanas case derruídas buscando o fondo do val que todo en baixada á de levarnos á beira do Nalón.

            A braña La Campona, asentada ao largo do val e río do mesmo nome a de ser a derradeira deste día. Logo de pasar esta braña, o sendeiro convértese nun camiño que todo en baixada nos achega a ponte La Campona, pola cal cruzamos o río Nalón e subimos a estrada onde remata esta fermosa camiñada.