06 12 17 Fraga Vella (Mondoñedo) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Mondoñedo (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Estelo

ACCESO: A Estelo sóbese pola estrada CP – 31 – 06, distante 12 km. de Mondoñedo

HORARIO: 3/4 horas               DESNIVEL: 50/283 m.                  DISTANCIA: 10/14 km.

DIFICULTADE: Baixa              TIPO DE ROTA: Travesía                       MAPA: I.G.N. – 24 - I

SIPNOSE: A Fraga Vella é un dos poucos recunchos agradables para camiñar que quedan na zoa, aínda sen engulir polas voraces repoboacións de eucaliptos. As pistas que sucan este lugar, anque desproporcionadamente anchas, benefícianse do entorno por estar repoboado de piñeiros, que contrastan coa rocha granítica que aflora abundantemente.

            Existe na Fraga Vella, un casarío de titularidade da Xunta de Galicia, que se dedicou a cría de cervo primeiro, logo a producción de cogomelos e actualmente mantén unha cabana de vacas de raza Cachena

            A Fraga Vella e moi visitada, sobre todo no outono, pois toda ela produce gran variedade e cantidade de cogomelos. 

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Un pouco antes de entrar na aldea de Estelo, sae unha pista cara a dereita que baixa en dirección ao río de Tronceda. Dende esta primeira parte do percorrido observamos de fronte as verticais penas que caen cara ao río. Unha vez que chegamos a unha pista asfaltada, temos que coller a esquerda e camiñar por ela internándonos nunha frondosa repoboación de piñeiros, cruzando o río por unha ponte de formigón. Logo dunha pequena subida, temos unha bifurcación onde collemos a dereita cara a aldea de Tronceda.

            Logo de pasar este lugar, que deixamos a nosa esquerda, comeza a baixada onde ao pouco tempo se nos presentan dúas alternativas. Unha, seguir a pista que todo en baixada nos leva a piscina fluvial e a aldea de A Cabana.

            Quen queira pode escoller a opción de subir ao pico da Toxiza polo medio do monte onde se suceden grandes penedos diseminados polo medio do piñeiro. Dende o cume da Toxiza, en días despexados, acádanse vistas de sitios tan apartados como os Ancares. Tamén podemos, axudados do mapa, tratar de descubrir as aldeas que se espallan polo horizonte.

            Merece a pena esta subida pois, preto deste cume en dirección norte, temos outros picos que anque máis baixos, amósannos unha característica e caprichosa formación de rochas. Semellan dolmens e menhires, incluso con algo de imaxinación poderemos ver o Gran Capitán das Montañas Rocosas de EE.UU. Todo isto rodeado de piñeiros, incluso, na ladeira sur da Toxiza, aséntase unha pequena carballeira, mesturada con acivros e arandeiras.

            Logo a baixada faise, primeiro cara ao norte ata atopar unha pista que bordea o pico polo oriente enlazando coa que deixamos abaixo de Tronceda. Esta pista non ten perda algunha, facendo varios zigzags, sempre en baixada segue despois de deixar os piñeiros a internarse por un eucaliptal, gran invasor da Galicia, pasa xunto a piscina fluvial e remata na aldea de A Cabana xunto a estrada LU – 160 MondoñedoFerreira do Valadouro. Temos que camiñar uns catro centos metros en dirección a Mondoñedo, para coller o autobús que nos agarda xunto a unha fonte.