07 06 10 Pico Yordas (Acevedo e Riaño) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Acebedo e Riaño (León) 

PUNTO DE PARTIDA: Liegos

ACCESO: A Liegos chégase pola C – 635, que une o porto de Tarna a N – 625 que ven de Riaño. O cruce está situado a medio camiño entre Lario e Burón.

HORARIO: 6 h.                         DESNIVEL: 840 m.                           DISTANCIA: 15 km.

DIFICULTADE: Media               TIPO DE ROTA: Circular               MAPAS: I.G.N. 80 – III – 105 - I

SINOPSE: O Pico Yordas é o menos agreste  pero o máis clásico das montañas de Riaño. A razón principal para visitar este cume son as vistas que nos brinda de toda a zoa, o que converte esta rota nunha interesante introducción neste sector da Cordilleira Cantábrica. Outra razón para subir a este cume é a fauna que se pode observar se sabemos gardar silencio ao pasar polos magníficos faiales da ladeira oeste.                                                                            

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende a praza de Liegos (1.130 m.) saímos cara ao Leste para cruzar entre prados de sega, que a comezos do verán, antes de segarse a herba, son unha delicia pola gran variedade de flora que albergan. A pista que se coñece como o camiño de San Pelaio, vai ata o lugar de Lois, ao outro lado das montañas. Seguimos durante boa parte da súa remontada polo val de San Pedro, ata un pouco despois dunha moderna cadra, onde abandonamos a pista, cruzamos un pequeno regato e achegámonos a unha valla que puidemos observar a nosa esquerda ao longo da subida. Esta cerca rodea toda a zoa do Pico Yordas servindo para delimitar os movementos dun grupo de cabras hispánicas que foron reintroducidas aquí a comezos dos noventa

      Cruzando a cerca pola portiña a dereita da pista, entramos directamente nun espléndido faial. A pista sobe polo bosque nunha serie de empinados zigzags, pero xusto cando empeza a fallarnos o gusto polo exercicio, aparece unha fonte que xustifica un pequeno descanso.

      Un anaco máis de subida lévanos primeiro ao límite do bosque e pouco despois a Collada Tendeña (1.649 m.), con as súas vistas ao val de Tendeña e o encoro de Riaño.

    Dende o cimbro baixamos un par de minutos pola pista ata onde se ensancha momentaneamente e abandonámola para recorrer horizontalmente a ladeira da nosa esquerda. Un camiño intermitente pouco marcado lévanos ata o pé dunha canle herbosa xusto debaixo das paredes do punto do mapa (1.756 m.). Ao saír da canle por enriba advertimos o cume do Yordas cara ao Este-noreste.

      Cruzando unha zoa de karst que, como sempre, resulta incómoda de andar, acadamos a costa cimeira da montaña, que desemboca xunto ao vértice xeodésico do Yordas.

       Peña Prieta, o Espigüete, Picos de Europa, Peña Ten, o Mampodre, Peñas Pintas, Peña Corada e moitos outros cumes aparecen no horizonte. O encoro e o lugar de Riaño a vista de paxaro.

        A baixada máis sinxela do Yordas consiste en volver pola rota de ascenso, pero tamén se pode baixar cara ao sur por unha ladeira pedregosa ata onde nos é posible dobrar pola esquerda e cruzar en dirección este ata a braña de Yordas. Dende aquí remontamos cara ao cimbro (1.694 m.), onde gozaremos dunha boa vista dos lugares de Burón e Liegos. Logo baixamos cara a unha pradería onde hai unha pequena cabana no límite do bosque.

            O prado aínda leva as cicatrices dunha pista recente, pero tamén un pouco máis abaixo atoparemos unha segunda pista que arranca xusto no límite do bosque. Baixando por esta, rodeamos novamente polo faial chegando a un cruce onde xiramos a esquerda. Despois saímos do bosque e chegamos a unha portiña da cerca. Temos que saltala e logo baixar o camiño de San Pelaio ata Liegos