07 04 06 Fuente del Cobre (Cervera de Pisuerga) Palencia

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Cervera de Pisuerga (Palencia)

PUNTO DE PARTIDASanta María de Redondo

ACCESO: Para chegar ó Valle de Redondo, saímos de Cervera de Pisuerga pola estrada C – 627 en dirección a Potes. Un quilómetro despois de pasar San Salvador de Cantamuda, unha estrada local chega a Santa María de Redondo, punto de inicio desta rota.

HORARIO: 4/5 horas                                DESNIVEL: 400 m.                 DISTANCIA: 10 km.

DIFICULTADE: Media                      TIPO DE ROTA: Ida e volta             MAPA: I.G.N. – 107 - I

 SINOPSE: Tradicionalmente, Fuente del Cobre foi considerada como lugar de nacemento do río Pisuerga. Sen embargo, a súa verdadeira orixe está uns quilómetros máis enriba, nas ladeiras do Valdecebollas. As augas recollidas por varios regatos e pequenas lagoas, fíltranse por unha sima no sumidoiro de Sel de la Fuente, para xurdir dous quilómetros máis adiante pola boca da cova.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: No remate da aldea cruzamos unha ponte que salva o regato Lombatero e seguimos a pista que vai paralela a escombreira dunha antiga mina de carbón, que nos leva a outra ponte sobre o río Pisuerga. A partir de aquí o camiño sobe deixando o río a esquerda. Temos que cruzar unha ponte máis e axiña chegamos a unha bifurcación onde hai unha sinal que limita o uso dos vehículos.

            Seguimos pola dereita  ata a confluencia de dous vales. O Pisuerga recibe a nosa dereita as augas do rego de Tejedo. Sen cruzar o río, despois de pasar unhas campeiras, o camiño, agora parece un sendeiro, sobe polo fondo do val, preto do río. Este é un dos tramos máis fermosos do itinerario. O sendeiro agora, transcorre baixo un sotobosque de faias, carballos, acivros, abeleiras e bidueiros.

            Cando o camiño, por fin, abandona a espesura atopámonos de repente con pequenas fervenzas e algo máis enriba a Fuente Cobre, coroada por unhas agullas calizas.

             A volta facémola por un sendeiro alternativo, ben marcado polo continuo paso de camiñantes, que sae da mesma boca da cova e que nos leva pola ladeira. Abaixo divisamos o val e a esquerda fermosos bosques de faias. Dende este lugar gozaremos dunha espléndida vista dos cumes da serra de Peña Labra. Pasamos a braña e tomamos a pista que non mete de seguida nunha carballeira pola cal baixamos ata atopar o camiño que fixemos na subida.