08 07 26/27 Circunvalación á Peña Santa (Cangas de Onís e Amieva) Asturias (Valdeón) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Macizo Occidental de Picos de Europa – Cangas de Onís e Amieva (Asturias) - Posada de Valdeón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Pan de Carmen (1.088 m.)
ACCESO: Dende Cangas de Onís pola AS – 114, que se dirixe a Arenas de Cabrales; a 4 km., en Soto de Cangas, collemos a AS – 262, que vai a Covadonga, continuando ata o Collado Veleres. Neste lugar sae unha pista a dereita que en 2 km. nos achega a Pan de Carmen.
HORARIO: 10 h. DESNIVEL: 1.400 m. DISTANCIA: 25 km.
DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Ida e volta e circular MAPAS: I.G.N. - 55 – II – IV
SINOPSE: Bordear o cume máis alto do Cornión, permítenos coñecer mellor os secretos que atesoura Peña Santa. Caóticos paisaxes como o Jou de las Pozas, dan un plácido paso a Vega Huerta dende onde contemplaremos a inmensa muralla sur da raíña do Cornión, antes de volver ao tortuoso camiño e áspero terreo do Boquete e o Jou Santo.
DESCRICIÓN DA ROTA: Dende o aparcadoiro de Pan de Carmen (1.088 m.) baixamos lixeiramente pola pista ata cruzar o río Pomperi, a altura do Pozo del Alemán. De seguida, comezamos o ascenso a Vega La Piedra, seguindo a pista que axiña perde anchura converténdose nun bo camiño.
Dende Vega La Piedra, sóbese cara ao sur leste para alcanzar o Collado de la Prida que da acceso a Vega de Canraso, a cal cruzamos en toda a súa lonxitude, acometendo ao final unha subida que nos conduce a braña de La Rondiella (1.370 m.).
Cruzamos esta braña chegando así ao Collado Gamonal (1.491 m.) dende o cal xa podemos ver o refuxio de Vegarredonda. Baixamos agora cara ao sur, deixando o refuxio a nosa dereita, continuando na mesma dirección ata o antigo refuxio, sempre polo val que orixina o nacemento do río Junjumia. Vamos ascendendo en varios zigzags que nos levan a Llampa Cimera onde temos unha bifurcación (1,800 m.). Collemos a dereita pasando por debaixo do Porru Bolu seguindo o camiño do Parque, primeiro por rocha paredada e logo por pendente herbosa describindo cómodas reviravoltas pola Cuesta de Cebolleda, chegando así ata o Mosquil (2.041 m.). A nosa dereita temos o desafiante Requexón e a esquerda os cumes de Cebolleda.
Atravesamos agora cara a vertente do Jou Lluengo seguindo o sendeiro que nos leva, despois dunha pequena baixada a Fuente Prieta, na base das Torres de Cebolleda. Bo sitio para descansar e aprovisionarnos de auga.
Dende aquí parte unha senda que se dirixe a Horcada de Santa María, pero nosoutros encamiñámonos primeiro ao sur e logo ao sur oeste para bordear a Torrezuela pola vertente occidental. Unha vez bordeada, damos vista ao Jou de las Pozas, e, arrimados aos contrafortes meridionais desta montaña, comezamos a baixada cara ao leste.
Ao final, o sendeiro vai xirando en dirección sur, comezando o ascenso a Horcada La Poza (2.115 m.), situada entre Los Estribos e os contrafortes occidentais da Torre del Torco. Tras remontar, temos que baixar lixeiramente ao outro lado, seguindo o sendeiro ata cruzar a Llerona, parte baixa do pedreiro que cae da Forcadona. Sen perder altura baixando ao hoyo, e bordeando máis tarde os desgaxes da Aguja del Corpus Christi, ata chegar a un característico cimbro dende o cal xa vemos Vega Huerta.
A media ladeira, cara ao sur leste, camiñamos para logo baixar directamente ao Hoyo del Llastral, ata o comezo dun caótico lugar con abundantes bloques de pedra.
Seguimos dende o cimbro entre os bloques (hai pinturas amarelas) ata outro pequeno cimbro no que o sendeiro pasa agora pola pradeira que nos conduce, despois dunha pequena subida a Vega Huerta (2.043 m.).
Pasando un pequeno cimbro, preto dun antigo refuxio, atópase a fonte.
Dende a pradeira de Vega Huerta, que da vista a fenomenal cara sur de Peña Santa, collemos o sendeiro que, en dirección leste nordeste, encamíñase a parte máis oriental da Pedriza Carbanal. Chegando a unha bifurcación, no que o camiño da dereita baixa ao Hoyo del Cabrero, nosoutros seguimos cara ao nordeste, subindo en busca do cimbro que se forma na interrupción da larga aresta oriental de Peña Santa, a esquerda está a Cerra del Rayo e a dereita a Cerra de Cuba, sendo o paso aos Puertos de Cuba (1.957 m.). Este idílico lugar que, a maneira de parénteses, rompe a larga aresta oriental de Peña Santa que continúa cara as verticais agullas do Cueto de los Cabritos.
Tras un corto descenso por marcado sendeiro, axiña nos desviamos a media ladeira cara ao nor-nordeste, ou sexa, a esquerda segundo pasamos os contrafortes dos Basares. Temos que avanzar pola pedreira sorteando algún obstáculo rochoso con varias e fáciles opcións ata alcanzar o encaixado paso do Boquete (2.015 m.).
Neste tramo debemos prestar atención, pois os sendeiros pérdense as veces e hai que estar atentos aos fitos que aparecen de vez en cando.
O Boquete e un lugar tremendamente solitario, onde a rudeza de Picos se mostra de forma máis atafegada. (agobiante)
Logo camiñamos en dirección oeste, arrimándonos a Torre de Piedra Lluenga, primeiro, e de Alba e da Canal Parda despois, evitando baixar ao fondo do jou ata chegar ao Collado del Jou Santu (2.112 m.), onde xiramos a dereita.
Encamiñámonos agora en dirección ao Jou de los Asturianos (2.041 m.), para despois ir derivando polas Barrastrosas e chegar ao Collado de la Fragua. A baixada a partir de aquí lévanos a Llampa Cimera, terreo xa coñecido polo comezo desta travesía, e de volta a Pan de Carmen.