08 10 21 Lagos de Enol – Pico Jascal – Poncebos (Cangas de Onís, Onís e Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER MAPA DA RUTA  VER GALERIA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

 

SITUACIÓN:  Parque Nacional de Picos de Europa – Concejos de Cangas de Onís, Onís e Cabrales (Asturias 

ACCESO: Aos lagos de Covadonga chégase pola estrada N – 634 dende Oviedo ata Arriondas, aquí collemos a AS – 114 para logo de pasar Cangas de Onis desviarnos pola AS – 262 que vai a Covadonga e aos lagos.

HORARIO: 6 – 7 horas                    DISTANCIA: 17 km.                TIPO DE ROTA: Travesía 

DESNIVEL: 420 m. de subidas e 1.129 m. de baixadas.                    DIFICULTADE: Media

MAPAS: I.G.N. – 55 – II – IV 

SINOPSE: A rota que hoxe nos ocupa, trátase dun percorrido pola baixa montaña asturiana que atravesa o Macizo Occidental ou Cornión en dirección Norte – Sur Leste, pasando xunto a varias brañas ou majadas máis ou menos conservadas, polo medio de prados con vacas pacendo e con boas vistas se o tempo o permite do Cornión e máis dos Urrieles que vemos enfronte dende que acadamos o Collado de Sierra Buena. Tamén se chama a Ruta da Reconquista por se o camiño que usaron os árabes na súa precipitada fuxida cara a terras de Castela.

            Esta rota está marcada polo Parque con sinais brancas e roxas, de sendeiro de Gran Percorrido.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: O noso punto de partida sitúase no aparcadoiro que hai para autocares nos Lagos de Covadonga.

            Saímos pola parte posterior para subir por unhas escaleiras que dan ao museo que alí existe, para proseguir por ditas escaleiras pasando polas minas – museo - de Buferrera en dirección ao lago Ercina (1.106 m.)

            Este lago temos que deixalo a nosa dereita para dirixirnos pola costa dun prado cara a esquerda, en dirección a un cimbro onde hai unha estacada. Dende aquí xa divisamos o val de El Mosquital e comezamos a baixada a pista que nos leva a majada de La Llomba onde temos unha fonte.

            Proseguimos por cómodo camiño que de seguido nos leva a outra majada que se chama Belbín (1.046 m.), de prados verdes e moi coidada. Atravesamos este lugar polo mesmo medio onde a pista desaparece pero xa vemos enfronte o camiño novamente despois da braña. Esta pista vai bordeando un pequeno lombo virando a dereita e iniciando unha nova baixada cara ao val de La Güelga. Aquí remata esta cómoda pista para converterse nun sendeiro.

            Agora preséntansenos dúas opcións: podemos ir a esquerda en dirección a un prado costo que vemos ao lonxe que pasa xunto a majada de Parres, a cal non vemos dende a nosa posición porque se atopa situada nunha bagoada, ou seguir de fronte ata a majada de La Guelga e subir por detrás dunhas rochas por un sendeiro paralelo ao anterior. De calquera maneira, os dous camiños lévannos ao mesmo sitio, un cimbro situado mesmo diante da majada de Arnaedo (1.290 m.), polo medio da cal tamén temos que pasar, deixando a nosa esquerda unha fonte con bebedeiro encaixado nas rochas e unha sola árbore.

            O camiño adivíñase de fronte, un pouco a esquerda da dirección que traiamos, que sobe facendo varias revoltas en dirección a outro cimbro. Coñécese este sitio polo nome de Collado de Sierra Buena (1.427 m.) sendo o punto máis alto do percorrido.

            Dende este punto, vemos de fronte os cumes máis relevantes dos Urrieles. Torrecerredo, Pico de Los Cabrones, Os Traves, así como numerosas canles que se precipitan ao Cares, todo un espectáculo.

            Logo de pasar este cimbro comezamos un descenso bastante pendente en dirección a unha grande rocha situada no medio duns prados. Baixamos deixando a nosa dereita unha gran sima, a que non debemos achegarnos, e o sendeiro vai pasar pola esquerda da rocha para xusto detrás dela atoparnos con a majada de Vega Maor (1.218 m.), case toda en ruínas, onde vive un pastor coidando o gando que por alí pace libremente.

            O camiño atravesa esta braña en chan para aproximarnos a outro cimbro que nos vai dar paso a baixada mais importante da xornada, dende o cal comezamos a ver as cabanas da majada de Ostón (1.000 m.), bastante por debaixo da nosa posición e cara a dereita.

            Unha vez alcanzada esta braña, ben merece a pena parar para achegarnos a pena que preto de alí temos. Chámase La Peña e fai un balcón natural sobre do río Cares con unhas vistas sensacionais.

            Saímos desta braña para seguir baixando pola pendente mais pronunciada do día, a Canal de Culiembro onde temos que prestar atención en varios sitios para non esvarar, e así chegamos a Culiembro. Aquí era o sitio de paso onde se unía o camiño que baixaba de Amuesa pola Canal de La Piedra Bellida i El Pando con o que viña dos Puertos de Vega Maor e Ostón pola Canal de Culiembro. A Ponte Viella servía  para cruzar o río Cares.

            Unha vez que nos atopamos en Culiembro, solo nos queda seguir a famosa Senda del Cares, agora de bo andar, ata Poncebos a uns seis quilómetros de distancia.

            Pico Jascal:

            Para subir a este cume temos que engadir 300 m. de subida e outros tantos de baixada.

      Unha vez no Val de La Güelga, un pouco antes do sendeiro que sobe a braña de Parres collemos a esquerda cruzando o regato para subir en dirección a Brañarredonda de Onís, que atravesaremos en sentido nordeste, seguindo cara a próxima Vega Espines (1.040 m.) onde hai dúas cabanas e unha fonte. Pasado este lugar camiñamos polo pequeno Valle Espines flanqueado polo Porru Estela e o Pico Mortayales. O sendeiro sobe entre a arborada cara ao Collado La Muda. Seguimos polas Reblagas introducíndonos por unha maraña de buratos con dou vales que se bifurcan un pouco máis aló da entrada dunha cova. Estamos en Complengo Viejo (1.300 m.), con dúas cabanas e unha fonte que zumega entre pedras. O camiño diríxese a esquerda por un cimbro que nos da paso ao Valle del Texu. Seguindo rumbo norte, comezamos unha subida por un sendeiro que zigzaguea pola áspera ladeira ata que chega a Beyuca (1.380 m.). Sen cruzar ata este sitio, xiramos cara ao leste por unha pendente que se suaviza levándonos en pouco tempo a fonte Peyu, e máis aló, cara ao próximo cimbro de Coriscada. Seguimos a lomba ata acadar o cume do Jascal (1.724 m.) que nos regala unha fermosa vista do Cornión.

            Baixamos polo mesmo camiño ata Complengo Viejo seguindo agora en dirección sur-oeste ata a braña de Conplengo La Cueva, cambiando agora a dirección cara ao sur leste ata atopar o camiño que baixa do Collado de Sierra Buena a Vega Maor