08 11 16 Collada Llomena – Pico Pierzu – Sellaño (Ponga) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Alto de Collada Llomena (993 m.)

ACCESO: En Cangas de Onís, collemos a estrada N – 625 que sobe ó porto de El Pontón, e a altura de Santillán desviámonos a dereita pola AS – 261 que pasa por Sellaño e San Juan de Beleño. Dende aquí a 4 km. atópase a Collada Llomena.

HORARIO: 5/6 horas                           DESNIVEL: 250 m. de subida – 1.000 m. de baixada             

(Para subir ao Pierzu hai que engadir 300 m. á  subida e os mesmos á baixada)

DIFICULTADE: Baixa/Media           TIPO DE ROTA: Travesía       MAPAS: I.G.N. - 54 – II - 55 – III 

SINOPSE: Camiñar por Ponga sempre é unha ledicia. Este Parque Natural combina a perfección bosques, ríos e montañas; ademais poucos cumes nos regalan tanto para tan pouco esforzo, porque, nesta ocasión, dende o Pierzu temos vistas de moitos lugares e innumerables montañas que se espallan cara aos catro puntos cardinais.  Dende a saída ata o Pierzu, a rota está sinalada con marcas de pintura.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Collada Llomena (993 m.), saímos por unha pista de montaña, en dirección norte dando cara a vertente do val de Ovia por un primeiro tramo cómodo e chan, paralelo a serra de Excueño.Seguidamente pasamos a vertente do val Ardosil onde, a dereita, deixamos unha fonte de auga rematando o primeiro tramo a beira dunha vella canteira (1.130 m.).

            Aquí acaba a pista, polo que collemos a dereita por un sendeiro que sobe facendo varios zigzags, entre pequenas campeiras, faias, acivros e monte baixo que nos vai subindo pouco a pouco, ata empoleirarnos no Collado Llagos (1.245 m.). Seguimos con rumbo norte preto da cumieira do Cantu Excueño, ata o cimbro e fermosa braña de Cerboes (1.330 m.), lugar agradable que invita a relaxación e descanso.

            Dende Cerboes, parte pola dereita un carreiro de gando que gana altura rapidamente remontando en pouco tempo o Cantu Les Fuentes (1.385 m.). Seguimos pola cumieira uns minutos para pasar a vertente oeste pola Forcá (1.453 m.) sendo agora de  libre albedrío remontar ata acadar o cume do Pierzu de 1.551 m. Dende o alto deste farallón, bastante vertical pola cara norte, podemos observar aldeas e casaríos asentados na súa extensa base.

            Volvemos polo mesmo camiño ata a braña, pasando polo cimbro de Cerboes  e baixando a dereita cara as campeiras onde se asentan pequenas lagoas, para coller un carreiro algo perdido que en varios zigzags, baixa con forza cara ao val  de Ruamón, tendo como referencia unha gran cova situada sobre a parede de Peña Huérfana e o estreitamento do val a dereita, para, a través dunvellosendeiro chamado El Sedo (870 m.), faldrear os estribamentos da Peña Boroncina e chegar ao cimbro de Piedrafita (829 m.).

            Dende este lugar, sen cruzar o cimbro, xiramos a esquerda en dirección nordeste para ir ao encontro do remate cimeiro dunha pista de terra. Pasamos por riba do val de Ruamón, fermoso lugar de prados e cabanas, para máis tarde cruzar a braña de Piedrafita. Seguiremos esta pista sempre en baixada, que non ten perda algunha, ata a aldea de Priesca.

            Dende este lugar seguimos por pista asfaltada que da coa estrada que sobe a Beleño, para unha vez nela, despois de cruzar o río pola ponte de Ruamón, coller a dereita cara a Sellaño, onde nos agarda o autocar.