09 04 09 Canón do Río Lobos (Santa María de Hoyas, San Leonardo de Yagüe, Casarejos, Nafría de Ucero e Ucero) Soria

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Santa María de Hoyas, San Leonardo de Yagüe, Casarejos, Nafría de Ucero e Ucero (Soria)

PUNTO DE PARTIDA: Puente de Los Siete Ojos (1.000 m) 

ACCESO: A 5 km de San Leonardo de Yagüe pola estrada SO – 960

HORARIO: 3 h                                  DESNIVEL: 50 m                  DISTANCIA: 9 km 

DIFICULTADE: Baixa             TIPO DE ROTA: Travesía         MAPAS: I.G.N. - 348 – I – III 

SINOPSE: O Parque Natural del Cañón del Río Lobos, constitúe un singular espazo bioxeográfico encaixado sobre o eixe dun fondo canón de escarpadas paredes.

            No seu interior, ademais de extensos bosques de sabina e piñeiros, existen gran variedade de especies animais entre os que destacan un centenar de parellas de boitres leonados. Tamén aniñan, nas súas paredes, aguias reais, alimoches e falcóns. Entre os mamíferos temos corzos, xabaríns, esqueiros, lontras, teixugos e gatos monteses.

            O Cañón del Río Lobos, foi declarado Parque Natural no 1985, sendo unha das primeiras zonas protexidas de Castela-León. Dita protección abarca os 20 km de canón e toda a súa influencia. Pola espectacularidade do seu relevo está considerado como unha das paisaxes máis fermosas da península. No seu interior e arredores tamén se conserva un valioso conxunto de restos artísticos, lugares e vilas con recio sabor tradicional como a ermida de San Bartolomé, Ucero, San Leonardo e Burgo de Osma.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta cómoda camiñada comeza no Puente de Los Siete Ojos. Por unha zona de piñeiros pasa o sendeiro  que serpexa durante varios quilómetros polo fondo do canón. Temos que salvar unha pequena dificultade do chan usando unha rústica escaleira de madeira e cruzar o leito do río nun par de ocasións. O sendeiro discorre entre vellos exemplares de sabina albar, bosques sorianos de esta árbore de folla perenne e escamuda, considerados dos mellores conservados do planeta.

            Nalgunhas zonas o río desaparece en fondos sumidoiros, aparecendo de novo ao pouco tempo. Nas súas augas abondan as grandes follas flotantes dos nenúfares. Seguimos a camiñada pasando ao lado dun curioso altar megalítico, onde cruzamos por unha ponte de madeiros, xunto a entrada dunha grande caverna.

            Chegamos así ata a ermida cisterciense de San Bartolomé, de comezos do século XIII, apreciando tamén o enorme canón que chega preto de 200 m. de altura. As súas verticais paredes calcarias foron moldeadas por fenómenos erosivos, dando lugar a fermosas e caprichosas formas de relevo.

            Cruzamos agora un espeso piñeiro que da paso ao nacemento do río Ucero para acadar a estrada SO – 920 a cal seguimos ata o centro de interpretación, situado nas proximidades de Ucero