09 04 11 Lagoa e Pico Cebollera (El Royo e Sotillo del Rincón) Soria (Villoslada de Cameros) La Rioja

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: El Royo e Sotillo del Rincón (Soria) Villoslada de Cameros (La Rioja) 

PUNTO DE PARTIDA: Molinos de Razón (1.150 m)

ACCESO: Dende Valdeavellano de Tera pola estrada SO – V – 8201 

HORARIOS: 6 h / 8 h              DESNIVÉIS: 675 m. /990 m             DISTANCIAS: 16 km / 20 km

DIFICULTADE: Media / Alta       TIPO DE ROTA: Ida e volta        MAPA: I.G.N. - 317 – II

SINOPSE: Agochadas preto dos cumes máis altos da serra de Cebollera, atópase un conxunto de lagoas de orixe glaciar cuxos atractivos principais son a particular beleza, a tranquilidade que comunican e o feito de de estar situadas na vertente meridional do macizo, cousa pouco habitual.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A camiñada comeza collendo unha pista preto de Molinos de Razón (1.150 m). A uns dous quilómetros e medio deixamos un desvío a esquerda vadeando as fermosas augas do río Razoncillo. Atravesamos a zona de Bercolar (1.300 m), ignorando outro desvío a dereita chegando ao remate do terreo chan onde se levanta unha vella cadra (1.395 m). A pista ascende suavemente polo medio de bosque mixto de pinos e rebolos trazando varias curvas dende as que podemos observar un amplo horizonte sobre os vales. Despois da cuarta curva, onde nos agardan uns fermosos bidueiros, situámonos a altura de 1.570 m, nunha bifurcación na que collemos o ramal da esquerda.

            Tras varios minutos chegamos a un espléndido recuncho onde bidueiros, carballos, olmos e salgueiros abrazas as cantariñas augas da montaña. Este é o límite superior da masa forestal de frondosas que comeza no fondo do val, xunto ao Razoncillo. A medida que camiñamos vemos como o piñeiro se transforma nun variado mosaico vexetal onde non falta faias nin sorbas, nun entorno no que os canchais compiten no terreo coa vexetación.

            No remate da pista, xiramos a dereita para coller un amplo carreiro que se interna no piñeiral. Nunha antiga braña, onde aínda quedan restos, deixamos un sendeiro a esquerda, mentres que seguimos pola recta. Sen maior problema chegamos a un chan onde hai unha pequena lagoa. Pouco antes de chegar a ela, xiramos a esquerda atravesando as cristaliñas augas do regato recen nacido para tomar un sendeiro xunto a un cartel que nos lembra que esta é unha Zona Húmeda Catalogada. Moi axiña, e xa a 1.825 m, chegamos a Laguna Cebollera.

            Para quen queira este é o remate da ruta, volvendo as pegadas polo mesmo camiño, mentres que para subir ao Pico Cebollera (2.141 m) debemos coller un sendeiro que sobe pola marxe esquerda da lagoa ata o cimbro (2.095 m) situado entre o Alto de Cueva Mayor (2.143 m) e Pico Cebollera (2.142 m)

            A baixada facémola polo mesmo camiño.