26 01 17 LA FOZ - FIGARES

  PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Morcín (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Polideportivo de La Foz de Morcín (260 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 66, coller a saída 35 e logo seguir pola estrada N – 630 ata a AS – 231 con dirección a MorcínRiosa.

HORARIO: 4/5 h                           DESNIVEL: 500 m              DISTANCIA: 10,5 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte do río Riosa (195 m)     COTA MÁXIMA: Peña Figares (525 m)

MAPA: I.G.N. – 52 – II

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada xunto ao polideportivo de La Foz de Morcín. Para iso saímos á estrada xeral e camiñamos pola beirarrúa ata o lugar de La Puente, un grupo de casas situadas á beira da estrada. Alí mesmo pasamos á marxe oposta do río collendo a estrada que vai polo val de La Figal. Ata o cemiterio a ruta é común con o da Ruta da Mina de La EsperanzaPico Garcillero.

            Xusto na parte superior do cemiterio, temos que coller a pista asfaltada que sae pola esquerda cun indicador a Figares. Desde aquí seguimos pola senda verde, asfaltada neste primeiro tramo xa que forma parte do acceso á aldea de Porrimán, do antigo tren mineiro que unía o Pozo Monsacro, en Morcín con a estación de Pereda no concello de Mieres.

            Camiñamos por este tramo de vía verde pola zona coñecida como El Rotellón onde quedan os restos do antigo caleiro despois de pasar un par de túneles. Xunto ao caleiro temos que abandonar a vía verde e coller un carreiro que baixa á beira do río Riosa, tamén coñecido como río Code. Cruzamos o río por unha ponte na zona de El Molín de Figares (195 m) e seguidamente cruzamos a estrada AS-231 comezando así a subida cara á poboación de Figares.

            Este camiño con tramos empedrados foi recuperado para habilitar esta ruta circular, que era o usado polos veciños para baixar ao muíño e á estación de Rotellón, onde collían o tren para ir a Mieres. Durante esta subida, temos practicamente todo o desnivel da ruta, que nunha distancia de un quilómetro, sóbense douscentos metros ata Figares (380 m), tendo un tramo de descanso na metade da subida.

            Desde esta poboación parte un camiño cara ao nordeste de formigón no primeiro tramo. Pasamos xunto a un hórreo moi decorado e despois unha cancela de ferro que deixaremos pechada. O camiño vai subindo ofrecéndonos unha boas vistas da Foz de Morcín chegando de seguida a este modesto cume do pico Figares, de 525 m de altitude.

            Volvemos polo mesmo camiño ata Figares desde o que seguimos a andaina cara a seguinte poboación pola que discorre esta ruta. A poboación de La Collá (400 m), moi coñecida polos montañeiro e montañeiras xa que é un punto de comezo habitual para subir ás capelas do Monsacro.

            Na saída de Figares temos unha bifurcación onde collemos á dereita uns metros e logo á esquerda por un camiño cun indicador a La Collá e La Foz. Este camiño de terra cruza máis adiante a estrada asfaltada para seguir agora en baixada cara ao barrio de Panizales.

            Nas últimas casas deste barrio remata a pista asfaltada tendo que seguir agora o vello camiño que baixa á Casa Nueva. Máis abaixo entroncamos coa estrada asfaltada, camiñamos uns metros por ela e cando esta pista xira á esquerda aparece pola dereita un camiño que baixa á estrada AS-231, que cruzamos para volver ao punto de saída pola beirarrúa.

 

            Baixada por Cantu La Sierra

 

            Se queremos alongar a ruta en oitocentos metros de distancia e cento corenta metros de desnivel, no lugar de La Collá (400 m) veremos un indicador que cara á dereita indica a Otura, La Foz (Por el Cantu La Sierra). Este tramo de camiño que xa fixemos en sentido contrario na baixada do Monsacro en xaneiro do 2024, sobe ata a antena situada en Cantu La Sierra (540 m). A partir de aquí, este fermoso carreiro con boas panorámicas baixa cara á aldea de Otura pero antes de chegar a ela, xira á esquerda para baixar polas casas de Comuñes.

            Seguimos o camiño de baixada onde aparecen dúas cancelas que deixaremos pechadas antes de entrar en La Foz, onde temos que cruzar a estrada xusto enfronte do polideportivo.