20 04 09 ARREDONDO - NACEMENTO DO ASÓN (Adiada pola pandemia)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Arredondo e Soba (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Arredondo (164 m)

ACCESO: Deixamos a A – 8 a altura de Solares para coller a CA – 261 que a través do porto de Las Alisas vai a Arredondo.

HORARIO: 3/4horas                       DESNIVEL: 360 m                          DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa                                TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Arredondo (164 m)       COTA MÁXIMA: Fervenza Cailagua (500 m)

MAPA: I.G.N. – 59 – II – IV

SINOPSE: Esta ruta percorre o tramo alto do Valle de Asón por recunchos pintorescos que pasan desapercibidos desde a estrada, rematando ao pé da espectacular fervenza de Cailauga, nacemento do río Asón cunha caída vertical duns 70 m.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Partimos de Arredondo e logo de cruzar o río Bustablado, subimos pola dereita en busca do camiño vello que leva a estrada de Socueva.

            Unha vez acadada a aldea, dominada pola impoñente Peña Lavalle, continuamos pola parte baixa do lugar, baixando á esquerda por un carreiro de vai a cruzar a estrada e atravesa o Asón por a ponte Socueva.

            O camiño recorre a marxe dereita do río, entre prados e cabanas, ata saír de novo á estrada en Puente Nuevo. Aínda que se pode chegar a Asón pola estrada, o máis interesante e subir pola esquerda por un estreito calexón que axiña xira  á dereita e leva entre frondosa vexetación ata o citado pobo de Asón.

            Asón ten parte das súas casas no concello de Arredondo e parte no de Soba.

            Logo dun pequeno tramo de estrada, xa no concello de Soba, deixamos o asfalto pola dereita, a través dunha pista que discorre entre cabanas, chegando así ao barrio alto de Asón. Chegamos a San Antonio, tamén coñecido como La Ermita que está despoboado.

            O camiño cruza o río Asón e sobe pola marxe esquerda, entre prados e cabanas, atravesando despois unha explanada de grandes faias e, logo dun anaco, volve a pasar á outra beira vadeando o río, para seguir entre unha espesa mancha de vexetación de espiños e abruños.

            Así saímos a un prado, dando vistas á dereita ao sonoro nacemento do Asón, a fervenza de Cailagua.

            Saímos á estrada, xunto a unha cerrada curva desde a que, pola dereita pódese subir á parte superior da fervenza, por un estreito e aéreo carreiro (non sinalizado) que chega ata a surgencia, da que depende do caudal a espectacularidade da caída da auga.