12 07 14 Estorbín de Valverde - Valle del Cuadro (Villamanín) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Villamanín (León)
PUNTO DE PARTIDA: ToníndeArbas (1.250 m)
ACCESO: Dende a estrada N – 630, baixando o porto de Pajares en dirección a León, uns 4 quilómetros antes de Villamanín, á altura de Camplongo.
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 1.155 m DISTANCIA: 14 km
DIFICULTADE: Media/alta TIPODERUTA: Circular MAPA: I.G.N. – 78 - IV
SINOPSE: Ao leste do porto de Pajares existe unha serie de cumes que a miúdo quedan esquecidas pola preta presenza da agreste cordilleira de PeñaUbiña. Ao igual que outros montes de León, o Estorbín e os seus veciños constitúen un lugar perfecto para atopar un espazo de tranquilidade que non ofrecen outros cumes máis afamados.
A primeira parte da ruta segue o marcado ValledelCuadro, tendo a única dificultade na subida dende os chans de BrañaFría ata o cume, costa, que non da respiro.
DESCRICIÓNDARUTA: Atravesamos a aldea para cruzar o río Tonín (1.250 m), á marxe esquerda pola que vamos ata un cruce onde volvemos a cruzar o río pola ponte Juncales (1.340 m). A pista convértese nun camiño que nos deixa ver algúns pozos no río do máis tentadores nun día de calor. Podemos ver o regato de Aguazones, por onde realizaremos, posiblemente, a baixada.
O camiño segue comodamente ata o prado de LasBrañas (1.600 m) onde existe unha cabana, tendo que cruzar de novo o rego subindo pola marxe esquerda ata a zona de pastos de Llanos de BrañaFría (1.660 m), ao pé dun espectacular e fondo desfiladeiro. Subimos por un estreito sendeiro que pasa por debaixo dunha parede rochosa ata un punto onde o sendeiro xira á dereita e comeza a subir pola ladeira que nos separa de Estrella de Cuanya (2.042 m), dende a cal chegamos sen dificultade ao Estobín (2.123 m).
Temos unha gran zona de Asturias central aos nosos pés, o macizo de Ubiña cara ao oeste, os cumes centrais da cordilleira ao leste e a serra de Riaño cara ao sur.
A crista por onde vamos seguir é estreita no seu comezo baixando ao sureste ata o cimbro Valverde (1.971 m), con vistas cara a o val de RíoAller chegando nun intre ao Bolero (2.043 m), primeiro cume dos que seguen cara ao sur. Logo veñen os picos Aguazones (2.046 m), o Vallequín (2.079 m) e o Campastiñosas (2.101 m), antes da baixada ao cimbro AltodelCorralón (1.895 m).
Aquí tomamos a decisión de baixar cara ao oeste ata os restos dos muros do ChozolaCarba (1.730 m) onde sae un camiño que nos levará polo regato Aguazones ata a ponte Juncales e a pista de Tonín.
Outra opción consiste en seguir dende o AltoCorralón cara a chamativa Peña Guazones ou Celleros (2.128 m) e se nos queda ganas de guerra proseguimos polo seguinte cume de LaCarba (2.161 m) e o CuetoMillarón ou Brañacaballo (2.182 m) baixando igualmente a ponte Juncales polo barranco de Garrucha.
Neste caso a distancia sería 21 km, e o desnivel acumulado 1.450 m.
Texto extraído do libro Por la Cordillera Cantábrica de Robin Walker, editado por Ediciones Trea S.L. na súa edición do 2.002