11 02 20 Senda do Carteiro - Peña Salón (Ponga) Asturias

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

Puente Vidosa – Senda do Carteiro – El Toyu – Peña Salón

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Puente Vidosa (280 m) 

ACCESO: Na N-634, a altura de Arriondas, collemos a estrada comarcal que vai a Cangas de Onís e de aquí cara o porto do Pontón. A 20 km. temos Puente Vidosa, onde comeza a rota.                         

HORARIO: 5/6 horas                   DESNIVEL: 965 m. de subida / 900 de baixada                     

DISTANCIA: 14 km                         DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA:Travesía                    

MAPA: I.G.N. – 55 – III 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta fermosa excursión que hoxe nos ocupa ten o seu comezo 800 metros por riba de Puente Vidosa (340 m), na estrada que sobe ao Pontón, no lugar coñecido como Deguera.

Facemos o achego ao comezo da ruta pola estrada dentro dun marco incomparábel pola brancura da paisaxe e aínda que a alguén lle parecerá mentira collemos un carreiro que sae a nosa dereita facendo zigzag por un pedreiro, que nos inza rapidamente debido ao desnivel acusado do trazado. Pasamos por entre dous grandes penedos situados no centro da canle e uns metros máis enriba temos que cruzar dita canle de dereita a esquerda, atopándonos no lugar coñecido como Cuetón de la Canal, logo entraremos en Mata Deguera situada debaixo dunha cova do mesmo nome.

Ascendemos agora por entre as rochas facendo un quebro á dereita, chegando a Posa e o Sendero de la Cuevaque nos levará fronte a outra canle que o camiño bordea por enriba; é a Canal de la Foz del Gatil. Proseguimos o camiño pasando por Sierrón Rapau, xa preto de Argayo Rodrigo que temos que cruzar máis adiante e acadar o Hombro de los Vaqueros. Continúa o sendeiro deixando ao leste Argayo delHombro de los Vaquerose ao Oeste, Collau de Argayu e tras unha nova e forte ascensión, chegamos a Cabu Cantu.

Atopámonos xa no tramo que vai pola Sierruca e que nos achega á perigosa Foz de Biamón, coñecida como La Calderona. Separámonos da foz para, uns metros máis adiante, pasar por Cuebellín del Seu e logo a Cuenya. Poucos pasos mais acadamos o Seu Baxu que comunica a Senda del Cartero con Biamón.(680m). Aquí deberemos aprovisionarnos de auga a saída da aldea pois a partir de aquí non hai fontes.

            Abandonamos a aldea de Biamón collendo o camiño de La Tobera que acada a Collada Nochendi; atravesamos o monte Condares en busca a cova de El Toyu, que nos facilita o pasa do cristeirío da serra de El Toyu, pola zona alta da Canal de Tuba e o val de Casielles. Despois de pasar un pequeno sedo rodeamos as verticais paredes de Peña Salón, enlazando co camiño que ven de Collado Baxenu para subir a través do paso da Gorgoleta ao cimbro Boya Capiella (1.194 m).

            Dende este lugar, xiramos á esquerda e nuns pasos estamos no cume de Peña Salón  (1.245 m).

             Logo da parada obrigada, volvemos de novo ao cimbro Boya Capiella para coller o camiño de Los Llacios que baixa a capela de Casielles seguindo logo a pista asfaltada que despois de 22 voltas no deposita na ponte Cándanu (440 m). Aquí seguimos a pista que ven de Viboli pasando pola Foz de los Andamios ata Puente Huera (340 m) onde remata a ruta.