26 04 04 CALABOR - MONTEZINHO - FRANÇA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Pedralba de la Pradería (Zamora) – Bragança (Portugal)

PUNTO DE PARTIDA: Calabor (760 m)

ACCESO: Desde Puebla de Sanabria pola estrada ZA - 925

HORARIO: 5/6 horas          DESNIVEL: 630 m              DISTANCIA: 22,5 km

DIFICULTADE: Media         TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: França (660 m)             COTA MÁXIMA: Alto da Serra (1.320 m)

MAPAS: I.G.N. – 305 – I –

SINOPSE: Ruta de longa distancia polo Parque Natural de Montezinho. Esta ruta está descrita para facela enteira pero pódese dividir en dous tramos de 11 km o primeiro e 11,5 o segundo. O primeiro, máis custoso é o que sae de Calabor e remata en Montezinho xa que é onde se atopa o desnivel máis importante de subida da travesía. A segunda opción sería comezar en Montezinho e rematar en França, tramo na maioría por boas pistas e en suave baixada.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: O ascenso máis importante da ruta está neste tramo xa que en catro quilómetros e medio temos que subir 560 m.

            A camiñada comeza na saída de Calabor en dirección a Portugal. Xunto á fonte, collemos a rúa que sobe ao cemiterio e máis adiante collemos unha das pistas que da acceso ao parque eólico, sempre en dirección noroeste ata acadar a divisoria de estados pola que camiñamos en dirección norte un treito para logo virar ao oeste en busca do encoro de Serra Serrada.

            Bordeamos o encoro deixándoo á nosa dereita e cruzamos por unha ponte a presa para comezar a baixar cara a Montezinho. Pola esquerda aparece un carreiro que baixa entre granitos e sotobosque pasando por debaixo dun tubo de auga que sae da presa. Seguimos por este estreito e sinuoso carreiro que comeza a baixar e que nos permite ver un segundo encoro, o de Andorinhas, debaixo do encoro de Serra Serrada, sendo o encoro de abastecemento de Montesinho.

Unha forte baixada achéganos á aldea cunha perspectiva espectacular do val que transitamos neste último traxecto.

O seguinte tramo sae de Montezinho cruzando o lugar en dirección sur oeste por camiño empedrado ata saír da poboación. Agora seguimos por pista de bo andar entre fincas de cultivo, mirando atrás temos boas vistas de Montezinho e á dereita vemos a ribeira das Andorinhas. Seguimos camiñando sempre en baixada ata chegar a confluencia do rego das Andorinhas e o río Sabor.

Seguimos agora sempre co o río á nosa dereita pasando xunto as ruínas do Posto Aquícola do Prado Novo. Desde aquí solo nos quedan 3,5 km ata o remate da andaina en França.