26 01 17 ALTO DEL CORDAL - CAMPA LA GALLINA - VILLAMERI - LA FOZ
| PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Riosa, Mieres e Morcín (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Alto del Cordal (790 m)
ACCESO: Desde Riosa pola estrada AS – 231 que vai a Pola de Laviana
HORARIO: 4/5 h DESNIVEL: 250 m de subidas / 750 m de baixadas
DISTANCIA: 13,5 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: La Foz (260 m) COTA MÁXIMA: Campa La Gallina (840 m)
MAPAS: I.G.N.- 52 – II – 53 – I
SINOPSE: O Cordal de La Segá é unha modesta serra de 800 m de altitude media que se estende en sentido norte – sur desde o Llosorio ata o pico La Felguerona, cun percorrido aproximado de cinco quilómetros. Os cumes de Arandamusas, Cuitu e La Carba tamén forman parte desta cadea salpicada con varias campeiras compartidas polos aldeáns de Riosa, Mieres e Lena.
DESCRICIÓN DA RUTA: Da explanada que hai no Alto del Cordal parten dúas pistas e no medio delas un carreiro que sobe monte Arandamusas. Collemos a pista da esquerda que vai bordeando este monte pola súa vertente norte. Cando levamos un quilómetro de andaina, entroncamos con o PR – AS 39 Valle de Cuna y Cenera.
A pista de cómodo andar, segue o PR en dirección norte entre os concellos de Riosa e Mieres con vistas a ambos lados. Logo do primeiro quilómetro e medio pasamos Collado Pando (702 m) onde seguimos de fronte, obviando a pista que sae á dereita.
Así chegamos á Campa del Tío Vicente (790 m) despois de camiñar os primeiros catro quilómetros. A pista segue en dirección norte para bordear completamente o cume do Alto La Gallina (840 m) onde deixamos a pista que vai de fronte para xirar á esquerda e rematar o rodeo a este modesto cume. De fronte temos o pico Llosorio.
Agora a pista cambia de rumbo, deixamos o Cordal de La Segá, para seguir cara ao oeste e comezar a baixar pola lomba deste novo cordal. A pista baixa polas campeiras de Campa Braña pasando ao lado dunha cabana refuxio (780 m), con vistas ao Monsacro e á Serra do Aramo. Abaixo podemos apreciar a aldea de Villameri, á que temos que chegar.
Entramos pola parte superior de Villameri para pasar xunto a unha fonte (470 m). Recorremos as estreitas rúas baixando cara ao noroeste para saír da poboación pola Senda do Pozo de La Esperanza. Collemos esta antiga vía de tren, convertida en vía verde que todo en chan nos leva ata a área recreativa de La Esperanza.
No traxecto bordeamos un pequeno túnel antes de chegar ao miradoiro de Morcín onde a vía xira á dereita camiño da área recreativa de La Esperanza. Desde este lugar, baixamos por camiño indicado que nos leva ata o Lugar de Arriba e desde aquí collemos un camiño pola beira do río ata o polideportivo de La Foz de Morcín.
