26 12 19 RUTA DEL ESCAYO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Navelgas – Tineo (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Navelgas (220 m)
ACCESO: Desde Ribadeo pola A-8 ata Luarca. Desde aquí pola AS-219 a través do Alto de Aristébano.
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 300 m DISTANCIA: 10 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Navelgas (220 m) COTA MÁXIMA: Serra de Balbón (450 m)
MAPAS: I.G.N. – 26 – IV – 27 – III
SINOPSE: É de destacar que Navelgas foi galardoada pola Fundación Príncipe de Asturias con o premio ao Pueblo Ejemplar de Asturias 2003 polo seu continuo e compartido esforzo na recuperación e mantemento das súas tradicións e recursos naturais. O xurado tamén valorou o seu acerto en revivir un traballo tan ancestral e singular como o do bateo do ouro, que deu a este pobo unha proxección internacional e o seu papel animador da vida na comarca.
Cabe tamén aclarar que un escayo nesta terra é unha espiña de calquera planta silvestre como unha silva, unha pereira brava, acivro ...
DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza pasada a ponte de Navelgas, seguindo a estrada que vai a Tineo e Pola de Allande, polo sendeiro de La Tejera, que nos achega ao cruce de Tarantiellos, fronte a un taller agrícola, onde collemos á esquerda.
A vía local desta aldea logo a de servirnos de enlace cun camiño forestal que percorre o monte de Genestosa que se atopa pouco despois de pasar o casarío de Vichavera. No seguinte tramo, a ruta segue a través do bosque, cruzando o rego de Carbaín pola ponte de Malcavar, tapizada de musgos, antes de baixar, por unha bagoada paralela, ata a beira do río Navelgas, que cruzaremos pola vella ponte de Carceda. Ao outro lado do río, temos unha bifurcación que seguindo o ramal da dereita á de levarnos ata Folgueras de Muñalén.
Comezamos a subida por este camiño que desemboca nunha pista agrícola onde seguimos á dereita ata a estrada asfaltada na que collemos á esquerda camiñando por ela ata o primeiro ramal que aparece pola dereita seguindo a indicación a Folgueras. Xusto ao pasar a entrada da primeira casa, collemos enfronte un camiño que sobe cara á serra de Balbón.
Este camiño xira en dirección oeste ata que entronca con outro que sobe desde Muñalén e vira bruscamente ao norte un tramo. Un pouco máis arriba, chegamos a outra pista que segue de novo en dirección oeste pola serra de Balbón, agora por un tramo moi cómodo que pasa pola cota máis alta desta andaina (450 m). Desde esta zona, dominamos un bo tramo do val de Navelgas, coñecido pola súa riqueza aurífera como Valle del Oro.
Seguimos esta pista sen coller ningún desvío comezando a baixada que nos levará ata a estrada de Naraval pola que camiñamos uns metros ata o límite dun prado onde collemos á esquerda pola ruta de La Huella del Oro, pola que baixamos sen perda algunha ata o núcleo de Navelgas.