26 10 18 FAIALES DE ARGOVEJO - PICO CERROSO

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA  GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Crémenes (León)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Crémenes (1.000 m)

ACCESO: Pola estrada nacional 621 Cangas de Onís - León

HORARIO: 6/7 h                          DESNIVEL: 900 m              DISTANCIA: 16 km

DIFICULTADE: Media / alta         TIPO DE RUTA: Circula 

COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.000 m)    COTA MÁXIMA: Pico Cerroso (1.825 m)

MAPA: I.G.N. – 105 – III  

SINOPSE: Esta ruta está descrita no sentido das agullas do reloxo pero pódese facer igualmente en sentido contrario.

            Esta é unha desas rutas espectaculares, onde o outono amosa o máximo esplendor con fermosos faiales, foces e recunchos con encanto.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada sae de Crémenes, cruzando o río Esla por una ponte en dirección a Argovejo. Os primeiros dous quilómetros e medio son por pista asfaltada, ata Argovejo superando un desnivel duns 60 m. Cando levamos un quilómetro de camiñada pasamos xunto á igrexa de Stª María de Pereda e outro quilómetro despois, temos as primeiras casas de Argovejo.

            Cruzamos esta alongada poboación para saír pola parte contraria a onde entramos remontando pola pista do val da Trapa con moitas sabinas na parte soleada e faias nos avesedos. O camiño segue o val con o rego á nosa dereita chegando a un refuxio libre (1.350 m) desde o que vamos xiramos en dirección sur rodeando as Peñas de los Avellanos inmersos no faial.

            Saímos do faial e o camiño sobe facendo reviravoltas buscando o Collado da Trapa (1.670 m), situado na aresta entre Peña Verde e o pico Cerroso con vistas aos vales de Argovejo e Ocejo de la Peña. Dirixímonos cara ao pico Cerroso seguindo o lombo da montaña sen perda algunha alcanzando pouco despois con facilidade o teito desta montaña (1.825 m). As vistas desde este pico son espectaculares cara aos catro puntos cardinais.

            Agora comeza a longa baixada, polo que camiñamos cara ao sur ata o Collado de Argovejo que separa o pico Cerroso de Peñarrionda. Desde este lugar, baixamos en dirección noroeste pola ladeira este do pico Roscas que nos queda á nosa esquerda. Do outro lado desta serra queda o Pozo da Neve.

            Seguimos por terreo despexado do Puerto de Tejedo ata o seu remate onde está o Contadero, un paso estreito entre rochas onde os pastores aproveitaban para contar as ovellas.

            Despois deste paso entramos noutro fermoso faial, o de Las Barreticas polo que seguimos baixando aproximadamente un quilómetro desde o Contadero. Pola esquerda aparece un carreiro que collemos  á esquerda, o camiño dos Barriales, para subir ata o cruce de camiños que vai as antenas. A partir de aquí toca baixar facendo varias lazadas ata entroncar cunha pista máis ancha. Nesta bifurcación collemos á esquerda pola pista que nos levará á ponte de Crémenes, que cruzamos na saída.