26 09 14 DE MADOTZ A IRAÑETA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Larraun, Uharte/Arakil e Irañeta (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Quilómetro 6 da estrada NA-7500 (760 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A-10, coller a saída 3 cara a NA-2410. Logo coller a NA-7500 en dirección a Madotz.
HORARIO: 2 h DESNIVEL: 70 m de subida / 360 m de baixada
DISTANCIA: 8 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Irañeta (466 m) COTA MÁXIMA: Dolmen de Armendiaga (800 m)
MAPA: I.G.N. – 114 – II
SINOPSE: Trátase dunha travesía pola serra de Aralar paralela ao val de Ata. Esta camiñada ten o encanto de facela pola beira sur da serra con moi boas vistas do val de La Barranca e da serra de Satrústegui. Unha camiñada cómoda por pistas e carreiros onde no seu tramo final presenta a baixada máis acentuada que nos leva ao nacemento ou fonte de Echave, no concello de Irañeta.
Aproveitaremos para estirar as pernas e comer o bocadillo na longa viaxe que temos ata o Val de Benás.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezaremos o percorrido no alto do porto de Madotz, aínda que tamén a podíamos comezar no mesmo pobo. Á esquerda da estrada, en dirección oeste, sae unha pista que logo dun dobre xiro achégase ao cortado da serra e segue en dirección oeste. No comezo bordea os típicos prados de pasto destas poboacións gandeiras bordeando algúns carballos, abeleiras e freixos. A parte baixa está ocupada polo mato de espiños, rosas silvestres e o peculiar buxo.
Pola esquerda, durante unha boa parte do percorrido, podemos gozar dunha magnífica vista do corredor de La Barraca, a serra de Satrústegui e San Donato ao sur e volvendo a vista atrás podemos ver o Churregui, Gaztelu e a foz de Osquía que constitúen a porta de La Barraca.
Logo de deixar á nosa dereita a primeira bifurcación da pista, chegamos a outra nova bifurcación, xunto a unha cadra onde seguimos recto pola pista que bordea o barranco. O camiño vai deixando atrás os prados e agora atravesa carballeiras que pouco a pouco van mesturándose con faias. A carballeira que pasamos son moi abertas con moito sotobosque de breixos, espiños albares, acivros e moitos afloramentos de rocha caliza.
Aproximadamente despois de dous quilómetros temos nun claro de herba un novo desvío á dereita pero, seguimos rectos polo camiño mellor marcado. O fondo do barranco de Urruntzura que temos á nosa esquerda cambia de cobertura de faias por piñeiros e alerces.
A pista xira á dereita e métese nun faial máis vello. Neste punto podemos optar por deixar a pista e seguir un pequeno carreiro que sae á esquerda seguindo pola beira da serra ata que máis adiante atopamos de novo coa pista. Seguimos por ela atravesando o faial é a nosa dereita podemos contemplar o dolmen de Armendiaga marcado por un fito na beira do camiño.
O camiño segue achegándose á beira da serra e do barranco atopando á nosa esquerda un indicador que marca Madotz na dirección que vimos e Huarte pola que debemos seguir. O camiño xira á dereita e baixa por unha lomba deforestada meténdose no faial onde case se perde a traza do carreiro; polo que seguiremos as marcas brancas e vermellas que hai nas árbores baixando ata unha faia grande onde se mete entres unha barreira de buxos.
Agora vamos por unha especie de corredor de buxos que remata nun claro que serve de miradoiro. En fronte temos o alto da Magdalena é no fondo o nacemento da fonte Echave e Huarte é a dereita podemos ver entre as penas a estrada que sobe de Huarte ao santuario de San Miguel.
Logo dunha baixada con forte pendente desde o que xa podemos ver a fonte Echave á que nos diriximos. A auga brota dunha estrutura de formigón en abundancia segundo a época do ano.
Seguimos cara ao sur seguindo o camiño. Pasamos unha porta metálica e seguimos recto en dirección ao pobo. Levamos o rego á nosa esquerda e camiñamos por pista entre carballos cruzando outra pista onde se atopa a ermida de San Miguel. Seguimos de fronte agora xunto a unha chopera e aparece outra bifurcación onde o camiño da dereita polo que vai o GR-20 leva a Huarte. Nós cruzamos o río Arakil pola ponte chegando así a Irañeta.