26 06 21 PRAIA DO ROSTRO - FISTERRA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Fisterra (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Praia do Rostro (5 m)

ACCESO: Polas autoestradas A – 8 e A – 6 ata Arteixo. Logo pola AG – 55. Logo collemos a AC – 552 ata Vilanova, desde onde seguimos pola CP – 2301

HORARIO: 4/5 horas                    DESNIVEL:                        DISTANCIA: 16,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Praia do Rostro (5 m)  COTA MÁXIMA: Veladoiro (225 m)

MAPAS: I.G.N. – 92 – II – IV

SINOPSE: Derradeira etapa do Camiño dos Faros onde non podía faltar o camiño por esta diversidade natural. A sucesión de cantís e praias  van aparecendo un tras outro. No medio a posible visita ao castro de Castromiñán. A chegada ao faro de Fisterra é o perfecto colofón deste Camiño e aventura que hoxe rematamos.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da parte norte da Praia do Rostro cruzando todo o areal os dous quilómetros de praia con o ruído das olas. No remate da praia subimos por un carreiro ata a Punta do Rostro, onde temos vistas espectaculares.

            Nada máis perder de vista a Praia do Rostro encontrámonos con outra paisaxe única no Camiño dos Faros. Os cantís formados na Punta do Rostro e na Punta do Castelo que atravesamos pola parte superior e que nos lembrarán onde embarrancou o Casón, que provocou o desaloxo de xente máis grande da historia desta comarca.

            Alí, en Punta Castelo, visitamos os restos do castro de Castromiñán do que apenas se ven os muros exteriores e desde o que podemos ver o Cabo da Nave, punto máis occidental da Europa continental. Para chegar a el, cruzamos os cantís que nos achegan á praia da Arnela , a máis occidental de Galicia, onde comeza a subida.

            Neste tramo do Cabo da Nave temos un dos treitos máis espectacular. Desde a pista que bordea a praia da Arnela comezamos unha subida que nos levará cara as antenas do Cabo da Nave por unha pista entre rochas con os cantís máis altos desta ruta. No remate, un merecido descanso antes de afrontar o final: a última praia e o último monte antes de chegar ao faro de Fisterra.

            Desde o Cabo da Nave é en baixada moi pendente chegamos á praia de Mar de Fora e, desde o parque de merendas que alí hai, subimos a buscar o Camiño da Ínsua,que nos irá achegando ao Monte Facho, onde remata a última subida.

            En continuo ascenso chegamos á parte oeste do cabo, a partir do cal comeza a derradeira subida, por terreo pedregoso e de moita pendente antes de contemplar as primeiras vistas do faro de Fisterra, ao que chegamos de seguida.