25 09 16 PICO SAN LORENZO DESDE EZCARAY
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Ezcaray (A Rioxa)
PUNTO DE PARTIDA: Ezcaray (800 m)
ACCESO: A 3 km de Ezcaray pola estrada LR – 415 parte a estrada LR – 416 que sobe a estación de esquí de Valdezcaray. (18 km)
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 1.600 m DISTANCIA: 18 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Ezcaray ( 800 m) COTA MÁXIMA: Pico San Lorenzo (2.271 m)
MAPAS: I.G.N. – 240 – II – IV
SINOPSE: O teito de A Rioxa é un cume de sinxela ascensión que atravesa bosques de faias, piñeirais e prados de altura seguindo un camiño que nos leva por cumes para coroar o pico San Lorenzo atravesando algunhas pistas de esquí de Valdezcaray.
Camiño fácil de andar pero esixente debido a distancia e o desnivel a superar.
DESCRICIÓN DA RUTA: A saída desta ruta sitúase na antiga estación de tren de Ezcaray. Desde aquí camiñamos ata preto da fonte de Los Estudiantes onde vemos á nosa esquerda un carreiro que sobe cara ao monte no que hai un cartel indicando GR – 93, que é o que temos que seguir nesta primeira parte.
Imos afastándonos de Ezcaray pola ladeira da montaña, subindo mentres nos internamos nun frondoso bosque de faias. O camiño cruza outras pistas pero nós debemos seguir sempre as marcas do GR en branco e vermello mentres camiñamos por un dos bosques máis fermosos de Ezcaray.
O bosque remata xusto nas praderías do Collado Sagastia (1.270 m) onde cruzamos unha pista forestal para seguir subindo de fronte polos prados, na dirección do GR. Así entramos nas praderías mantendo a ladeira á nosa esquerda e camiñando por unha fermosa zona pastoril.
O camiño vai á Majada Marrulla, onde existe unha cerca do gando, e unha pista que temos que atravesar de novo. Seguimos subindo por terreo cómodo, entre prados, ata chegar a unha zona onde o carreiro convértese en pista pola que seguimos deixando á nosa esquerda a ladeira e xirando cara ao sur, vendo xa de lonxe o pico San Lorenzo.
O camiño chega a un novo outeiro, o de Beneguerra (1.697 m), lugar onde imos cambiar de dirección e abandonar o GR. Desde este outeiro acometemos a subida ao pico La Cuña (2.012 m) xa que nos queda de paso camiñando cara ao sur aínda que podemos evitar esta subida por un camiño que vai pola ladeira pero, este modesto pico amósanos unhas magníficas vistas da estación de Valdezcaray e o pico San Lorenzo.
Desde o cume de La Cuña, baixamos cara ao sur buscando o outeiro Ormazal (1.887 m) que nos separa das pistas de esquí. Neste lugar collemos a pista, que en claro ascenso chega ata o último remonte que temos no noso camiño. Desde este punto o esvaécese o camiño pero non teremos problema en superar o forte desnivel que nos separa do pico San Lorenzo (2.271 m). Ademais do fito que marca o cume tamén temos unha imaxe do santo así como un refuxio libre situado a moi poucos metros do cume.
Desde o cume dirixímonos ao noroeste, baixando polo carreiro que se considera a subida norma ao San Lorenzo e que usamos para baixar. Este carreiro lévanos de novo as pistas de esquí polas que seguimos sen perda ata chegar á parte baixa onde se atopa o edificio principal da estación e o seu aparcadoiro, lugar onde remata a ruta.