11 05 28 Pico Susarón (Puebla de Lillo) Leon

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Puebla de Lillo (León)  

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de San Tirso (1.120 m) 

ACCESO: Á ponte de San Tirso chégase pola estrada LE – 311 que une o porto de San Isidro con Boñar. Está situada a 2 km de Puebla de Lillo                           

HORARIO: 4/5 horas            DESNIVEL: 800 m                          DISTANCIA:                         

DIFICULTADE: Media        TIPO DE RUTA: Circular             MAPA: I.G.N. – 104 – II 

SINOPSE: A impresionante mole calía desta montaña lémbranos os Picos de Europa, salvando, claro está, a diferenza de altitude. Esta montaña, illada no medio dunha planicie, chama a atención da xente e invita a visitala ofrecendo non poucas sorpresas.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da ponte de San Tirso (1.120m), por forte pendente comezamos a camiñar cara ao oeste onde vamos collendo altura rapidamente. Xiramos suavemente á dereita para evitar o cristeirío subindo pola cara norte onde existe un bosque de faias.

            Chegamos a un cimbro dende o que vemos a parede impresionante do Susarón, bordeando este cimbro chegamos ao cume desta montaña  (1.878 m), sen maiores complicacións.

            Outra maneira de acadar este cume é subindo ao longo do cristeirío, moito máis entretido e, con algunhas trepadas que nos farán adiviñar constantemente os mellores pasos para lograr o obxectivo.

            Unha ven no cume, as vistas son amplísimas, o Macizo de Mampodre e as montañas de Riaño, a montaña Palentina, os Picos de Europa é, no fondo o encoro de Porma.

            A baixada facémola polas abas do oeste sempre en dirección ao cimbro de Barbadillo (1.473 m) é unha vez neste lugar xiramos á esquerda para seguir en dirección sur ata a braña de Barbadillo situada sobre os 1.300 m de altura é, onde aínda quedan restos dos currais.

            Agora toca abrirse paso entre a vexetación ata acadar o regato de Barbadillo, onde un faial cobre a ladeira norte mentres que polo sur predomina a matueira. Continuamos por bo camiño á beira do regato, abríndose o val a medida que vamos avanzando. Pasamos xunto a unha casa en ruínas tendo a vertente sur do Susarón como compaña polo paraxe de Valdelayosa.

            Entramos na aldea abandonada de Camposolillo (1.100 m) para seguir polo val do Porma en dirección a ponte de San Tirso onde conclúe esta camiñada.