25 10 19 BRAÑAS DEL VILLARINO DEL SIL

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Palacios del Sil e Villablino (León)

PUNTO DE PARTIDA: Entrada a Villarino del Sil na estrada CL – 631

ACCESO: Desde Villablino pola estrada CL - 631

HORARIO: 4/5 h                 DESNIVEIS: 750/900 m                 DISTANCIAS: 11/14 km

DIFICULTADE: Baixa/Media       TIPO DE RUTAS: Travesías

COTA MÍNIMA: Punto de saída (920 m)                     

COTA MÁXIMA: División de concellos (1.660 m) Miro de Tejedo (1.844 m)

MAPAS: I.G.N. – 101 – I – II – III

SINOPSE: Si algo ten Laciana son bosques e brañas que ben merecen a pena ser percorridos. Esta proposta, amósanos catro das moitas brañas que existen dentro da Reserva da Biosfera de Laciana, e a posibilidade de subir a un dos cumes máis relevantes da zona como é o Miro de Tejedo.

 

DESCRICIÓN DAS RUTAS: O punto de partida destas andainas é na caseta que hai no cruce da estrada CL – 631 que sobe a Villarino del Sil. Comezamos a andaina cruzando o río Sil pola pista asfaltada que sobe a Villarino del Sil (980 m) entrando nesta localidade logo de percorre cincocentos metros.

            Logo de cruzar esta aldea saímos pola parte superior seguindo a pista que no primeiro tramo fai uns zigzags e despois, xa con menos desnivel, pasa xunto á Braña de Curuezas (1.300 m) que nos queda á nosa dereita. A pista segue subindo xirando ao oeste para entrar na Braña de Arriba (1.530 m.) pola parte oriental. Esta braña está situada nunha paraxe moi fermosa con vistas ao val do Sil espectaculares.

            Saímos da braña cambiando o rumbo collendo ao nordeste para entrar nun denso bosque e pasar o punto máis alto deste percorrido (1.660 m) deixando atrás os terreos de Palacios del Sil para entrar nos de Villablino. Agora comeza a baixada á Braña de Buenverde (1.540 m) na que existe unha pequena lagoa. Este lugar está situada nun sitio privilexiado, rodeada dun espeso bosque de bidueiros e sendo un fermoso miradoiro cara a Laciana e Babia. En calquera  época do anos fai honor ao seu nome.

            Despois das últimas cabanas e deixando a lagoa á nosa esquerda a pista continua internándose de novo no bosque para chegar á Braña Chiburnial (1.320 m) onde solo quedan cinco cabanas e solo dúas delas en bo estado.

            Abandonamos esta braña baixando pola pista sen ningunha perda ata saír do bosque xa preto do polígono industrial de Villager de Laciana.

 

                MIRO DE TEJEDO (1.844 m)

 

            Seguindo a ruta anteriormente descrita, na Braña de Arriba, en vez de seguir á pista que xira á dereita xunto á primeira cabanas, debemos seguir de fronte cruzando toda a braña en dirección oeste.

            Despois dos primeiros douscentos metros o camiño esvaécese ao estar tomado polo mato. Temos dúas opcións, seguir cara ao oeste ou coller dirección ao norte e unha vez chegado ao cimbro xirar á esquerda para seguilo ata o cume.

            De calquera maneira, unha vez no cume temos que baixar en dirección oeste e xirar á dereita para baixar ao Collado Las Cogochas (1.665 m) onde xiramos á dereita, dirección nordeste. Cruzamos as campeiras de Brañarronda con os restos de antigas cabanas de pastores e internámonos no bosque onde podemos ver teixos, pradairos e bidueiros de gran tamaño. Este camiño desemboca na Braña Buenverde que cruzamos xunto a lagoa para saír pola zona esquerda onde collemos o camiño da ruta anterior.