25 09 19 BOSQUES DE TOBÍA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Tobía (A Rioxa)
PUNTO DE PARTIDA: Tobía (675 m)
ACCESO: Desde a LR – 213, á altura de Bobadilla sae a estrada LR – 432 que vai a Tobía
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 800 m DISTANCIA: 19 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Tobía (675 m)
COTA MÁXIMA: Alto de Pradilla (1.510 m)
MAPAS: I.G.N. – 240 – II – 241 – I
SINOPSE: Tobía é unha poboación basicamente gandeira, con cría de ovellas e vacas de monte. O cereal cobre unha mínima superficie, e os ortos destínanse á produción para o consumo familiar.
O percorrido é longo xa que roza os vinte quilómetros pero faise moi ben pois o percorrido para superar o desnivel de oitocentos metros é de doce quilómetros.
Utilizaremos para a ruta pistas e bos carreiros onde temos que prestar atención en algún punto, nos atallos polo bosque.
Esta ruta atravesa vexetación de faias, piñeiros, acivros e moitas outras especies que farán unha delicia camiñar, sendo posible ademais, de atoparnos con fauna local.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Tobía polas rúas da poboación que nos levan ao leste, seguindo unha pista asfaltada que sae mantendo o río Tobía á nosa esquerda. Camiñamos pola pista avanzando entre a vexetación sobre dun quilómetro e medio ata chegar a unha bifurcación que sae á nosa dereita.
Colleremos o ramal da dereita que sobe xunto ao rego Menesterio facendo unha curva á esquerda primeiro e logo outra curva pechada á dereita da que sae un camiño á esquerda. Nós seguimos a pista principal en suave pero constante subida.
Máis arriba, a pista xira á dereita ata preto dunha fonte onde sae un ramal pola esquerda que temos que coller. O camiño agora xira ao oeste indo nesa dirección uns oitocentos metros logo dos cale o camiño colle dirección sur.
Sempre pola pista, continuamos ata que se converte nun carreiro, sendo nesta zona onde temos que prestar máis atención para non desorientarnos. Un carreiro con poucas marcas lévanos en dirección norte ata outras pistas. O carreiro conecta cunha pista acadando de novo o río Monesterio, pero moito máis arriba. Xusto ao chegar á canle deste rego, nunha pronunciada curva á dereita, deixamos a pista para coller o carreiro que vai xunto ao rego, quedando este á nosa esquerda.
Chegado ao seu nacemento de novo, hai que prestar atención, collemos o carreiro sen marcas en dirección norte que percorre a bagoada en continuo ascenso, o que nos vai botar ao cordal das montañas.
Unha vez no cordal atopamos unha pista fácil de identificar pola que xiramos á nosa dereita para acometer unha pequena subida ao Alto de Pradilla (1.510 m), sendo este lugar un balcón cara ao val de San Millán.
Aquí comeza a longa baixada ata Tobía. Desde o Alto de Pradilla seguimos o cordal baixando pouco a pouco ata un punto no que viramos ao norte por un carreiro pouco marcado, o cal nos leva cara ao bosque.
Baixamos polo faial uns metros ata atoparnos outro carreiro mellor marcado o cal seguimos. Pouco máis adiante temos unha bifurcación pero seguimos na mesma dirección mantendo o pico Biturbia á nosa dereita.
Rematamos saíndo ao camiño marcado como GR o cal imos seguir facilmente, logo chegamos a un outeiro onde se xuntan varias pistas, baixando polo carreiro que aparece á dereita e abandonando a pista.
Este carreiro ben marcado volve a cruzar a pista máis abaixo e seguimos por el ata o centro da poboación de Tobía.