25 09 18 SOLANA DE USAYA - SETE PONTES
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Ezcaray (A Rioxa)
PUNTO DE PARTIDA: Azárrulla (930 m)
ACCESO: A 8 km de Ezcaray pola estrada LR – 415.
HORARIO: 4/5 h DESNIVEL: 570 m DISTANCIA: 11 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Azárrulla (930 m) COTA MÁXIMA: Piñeiral (1.430 m)
MAPAS: I.G.N. – 240 – II – IV
SINOPSE: Esta é unha das rutas emblemáticas de Ezcaray, ruta sinxela que na subida depara unhas fermosas vistas e un tramo por un piñeiral e na baixada cruza nada menos que sete veces o rego de Usaya por un fermoso faial. Está marcada con sinais brancas e marelas.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no aparcadoiro que hai xusto ao pasar o pobo. Camiñamos en dirección sur uns cen metros para coller o primeiro carreiro que sae pola esquerda. Cando levamos medio quilómetro xa comezamos a ter boas vistas, e aparece unha pista (944 m) pola que seguimos uns metros para coller un carreiro que sobe pola dereita e que segue ofrecendo boas panorámicas. Pasamos xunto a unha mancha de acivros e seguimos subindo ata a fonte de El Clavo (1.216 m) onde podemos facer unha parada.
Continuamos a subida sempre en dirección leste con boas vistas ata que chegamos ao barranco Orencio onde o camiño xira en dirección sur leste internándose nun piñeiral no que temos o punto máis alto deste percorrido (1.430 m).
O camiño comeza a baixada para atravesar o rego de Usaya e internarse no leito do rego. Agora baixamos rodeados dun fermoso bosque ata que aparece a primeira ponte pola que cruzamos o rego (1.354 m). Seguimos a andaina e aparece á segunda ponte mentres o rego vai facendo pequenas pozas e fervenzas. Así chegamos a terceira ponte no medio dun fermoso bosque de ribeira e así ata pasar as sete pontes.
O camiño todo en baixada segue sendo moi fermoso. Chegamos a unha pista xusto onde fai unha curva, collemos o ramal da esquerda que é o que vai baixando pola beira do río.
Máis abaixo, o camiño pasa a carón do cemiterio do lugar, polo que seguimos ata o punto de saída.