25 09 15 PASARELA DE LOS HOCINOS
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Villarcayo e Valdivieso (Burgos)
PUNTO DE PARTIDA: Puente del Aire (580 m)
ACCESO: O punto de saída está na N – 232 entre Incinillas e Valdivieso
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 450 m DISTANCIA: 7,5 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Puente del Aire (580 m)
COTA MÁXIMA: Collado de Valdeabuz (915 m)
MAPA: I.G.N. – 109 – IV
SINOPSE: O espectacular desfiladeiro de Los Hocinos está formado polo río Ebro ao entrar no val de Valdivieso, histórica vía de comunicación das Merindades. Esta foz entre as serras de Tudanca e a de Tesla, no extremo occidental do val de Valdivieso, é unha paisaxe interesante, pola singularidade do relevo e tamén pola riqueza botánica. Comunica o val de Valdivieso con o de Villarcayo.
Esta ruta segue río arriba así que se pode facer de ida e volta evitando a subida da Senda de los Cazadores.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no Puente del Aire. Saímos pola pista que vai paralela ao río Ebro por un estreito carreiro baixo un bosque de galería. O carreiro sen desnivel vai por zona sombreada polo que camiñamos sen problema ata a pasarela que cruzamos xunto cunhas vistas espectaculares no punto máis estreito do desfiladeiro.
Pouco despois aparece á esquerda a Senda de los Cazadores, un carreiro bastante difuso os primeiros cincuenta metros. Logo convértese nun carreiro que sobe con bastante pendente entre buxos que se está mollada será esvaradía.
Saímos a unha zona desde a que comezamos a ter as primeiras panorámicas da zona desde o miradoiro de Valdelugaña. Volvemos sobre os nosos pasos para seguir subindo ata enlazar cunha pista na que collemos á dereita camiñando por ela uns metros ata que nos desviamos á esquerda camiño da Sima de las Grajas. Este é un burato fondo balizado cun cartel explicativo.
Seguimos cara á zona máis alta da ruta, o Collado de Valdeabuz onde aparece unha pista pola que collemos á esquerda entre aciñeiras. Na seguinte bifurcación temos un carreiro de ida e volta á Cueva del Ganado, un refuxio natural usado para gardar o gando onde existen unhas vistas impresionantes sobre o desfiladeiro.
Volvemos ao carreiro e a poucos metros collemos o desvío que nos leva ao Alto de la Bandera. Este lugar ten as vistas máis impresionantes do desfiladeiro e un mastro cunha bandeira de Espanha.
Volvemos ata o carreiro polo que seguimos ata baixar á ponte onde saímos dada así por rematada esta fermosa camiñada.