25 08 16 DE VILANOVA A SANTALLA D´OSCOS

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Vilanova e Santalla d´Oscos (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Vilanova d´Oscos (650 m)

ACCESO: Desde A Veiga pola estrada AS – 11 ata o porto de A Garganta. Na rotonda collemos a segunda saída que en 6 km chea a Vilanova d´Oscos.

HORARIO: 5/6 h                           DESNIVEL: 600 m              DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Cruce do río en San Mamede (530 m)            COTA MÁXIMA: Vilarello (770 m)

MAPAS: I.G.N. – 49 – I – II

SINOPSE: As visitas as terras d´Oscos nunca defraudan. Nesta ocasión imos facer unha travesía entre Vilanova e Santalla aproveitando tramos de varias rutas existentes e tamén algún que non está marcado polo que teremos que ir atentos e atentas para non despistarnos ao cambiar de ruta.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza en Vilanova collendo o camiño que hai xunto a un cartel informativo da Ruta dos Bosques. Este camiño sobe suavemente os primeiros catrocentos metros paralelo á estrada á que baixamos uns metros antes de Santa Eufemia camiñando por ela ata o eco Museo do Pan (615 m). Aquí collemos a pista que indica a Pacios pola que baixamos uns metros ata cruzar o río comezando a subida xunto a unha casa rural por pista asfaltada e na primeira curva á dereita, seguimos de fronte seguindo as sinais do cartel Ruta das Zarras que sobe polo medio do bosque ata as casas de Vilarello que deixamos á nosa dereita. O camiño segue subindo ata unha curva (770 m) pechada á dereita desde a que comezamos a baixar cara a Pacios e San Mamede con tramos de bosque e monte baixo.

            Despois de San Mamede, o camiño baixa ata o río que cruzamos por unha ponte e comezamos a subir pola ladeira oposta onde saímos do bosque para camiñar por monte raso. No punto máis alto deste tramo temos un miradoiro natural (722 m). Proseguimos a andaina para baixar a Vega del Carro (600 m) onde cruzamos o río Barcia por unha ponte para subir a Millarado.

            Despois de pasar Millarado a pista sobe ata unha área recreativa logo da cal comeza a baixada ata Santalla onde remata esta travesía.