25 06 22 MUXÍA - CABO TOURIÑÁN

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Muxía (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Porto deportivo de Muxía

ACCESO: Polas autoestradas A – 8 e A – 6 ata Arteixo. Logo pola AG – 55. Logo collemos a AC – 552 ata Berdoias, logo pola AC – 440 e DP – 5201ata Muxía

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL:                         DISTANCIA: 21 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Varios puntos (20 m)          COTA MÁXIMA: Monte Pedrouzo (270 m)

MAPAS: I.G.N. – 67 - II – IV

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Muxía polo Coído cruzando a praia de Lourido ata o Coido da Agra desde onde comezamos a subida ao Monte Cachelmo (165 m) logo dunha forte subida. No pico, gozamos dunhas espectaculares vistas de Muxía con o Cabo Vilán ao fondo e Punta Buitra con Touriñán.

            Comezamos a baixada que nos levará ata preto da praia da Arnela, desde a que subiremos por pista ao final de Punta Buitra e ao cume do mesmo nome desde a que podemos ver a panorámica do resto da etapa con Cuño, O Pedrouzo, Moreira e toda a península do Cabo Touriñán.

            A ruta continua bordeando a costa de cantís en baixada ata o Coído de Cuño dende onde comezamos a subida ao Monte Pedrouzo (269 m). Ao chegar arriba, logo dun merecido descanso comezamos a baixada pola Ribeira de Viseo ata a praia de Moreira con chan irregular e tramos moi pendentes.

            Unha vez na praia de Moreira, o camiño suavízase. Desde Moreira, unha pista de terra achéganos a Touriñán, onde chegaremos pola parte dereita ao Faro Touriñán, punto máis occidental do Camiño dos Faros e da península ibérica.

            Na derradeira parte desta etapa pasamos pola Insua do Castelo e o Coído de Touriñán para chegar ao Miradoiro de Touriñán, onde rematamos a andaina.