25 06 21 TASARAÑO - MUXÍA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Camariñas, Vimianzo e Muxía (A Coruña)
PUNTO DE PARTIDA: Tarasaño (20 m)
ACCESO: Polas autoestradas A – 8 e A – 6 ata Arteixo. Logo pola AG – 55. Logo collemos a AC – 552 ata Vimianzo e desde aquí pola AC 532 dirección Camariñas.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: DISTANCIA: 20,5 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Varios punto (nivel do mar) COTA MÁXIMA: Chorente (80 m)
MAPAS: I.G.N. – 68 – I – 67 – II
SINOPSE: Unha etapa longa pero totalmente chán. Nela percorreremos as dúas beiras da Ría do Porto e a súa desembocadura e a incomparable Praia de Lago que nos achega a Muxía onde chegaremos ao Santuario da Barca logo da subida ao Monte Corpiño.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Tasaraño, xunto ao restaurante Ariño, camiño das aldeas de Dor e O Allo que nos mostran unha Galicia auténtica que conserva os restos do pasado. Logo de pasar por O Allo saímos á estrada AC-432 que cruzamos para camiñar polo paseo da marxe dereita.
Así chegamos á Ponte do Porto, cuxo nome ven da ponte do século XIII que cruza o río Grande. Cruzamos o río por esta ponte para dirixirnos polo paseo fluvial en dirección a Cereixo lugar onde, en pouco espazo podemos ver un muíño de mareas, a igrexa de Santiago, un impresionante carballo e as Torres de Cereixo.
Desde alí, o camiño endurécese un pouco ata chegar á Praia de Lago. O carreiro estréitase cando camiñamos pola Furna do Sapo, en dirección á praia de Area Grande, á que baixamos para atoparnos coa desembocadura do río Grande que forma parte tamén da Ría de Camariñas.
Cruzamos esta praia para subir por un piñeiral para chegar á Praia de Leis, a que atravesamos para chegar ao faro da Praia de Lago.
Saímos da praia de Lago, atravesando o río pola ponte da estrada para coller un carreiro á dereita que nos levará a Merexo, lugar que cruzamos polo centro onde temos vistas panorámicas da pequena baía. Logo dirixímonos cara a Os Muíños onde podemos facer a pequena e fermosa ruta dos Muíños do río Negro, un conxunto de varios muíños rehabilitados.
Ao remate da ruta temos a praia de Os Muíños, unha das máis visitadas da zona, que temos que percorrer toda para saír no remate dela por unha pendente costa en dirección a Chorente. Desde aquí, o camiño lévanos polo Bosque de Chorente é a punta do mesmo nome, desde a que vemos Muxía á que chegamos despois de atravesar as praias de Espiñeirido e A Cruz.
Atravesamos Muxía en dirección á igrexa de Santa María para, subir dende o seu campanario ao Monte Corpiño e contemplar outra fermosa vista deste Camiño dos Faros.
Desde alí baixamos cara á Punta da Barca, con o faro, o santuario da Virxe da Barca e todas as pedras que fan deste un lugar máxico.
Se o día e bo, poderemos gozar dunha das mellores postas de sol de A Costa da Morte. Si queremos podemos seguir un quilómetro máis polo paseo oriental de Muxía, desde o monumento aos voluntarios ata a praia de O Coido, zona cero do desastre do Prestixe.