25 02 15 COLLANZO - CUÉRIGOS - LLAMAS - YANOS - COLLANZO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Aller (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Collanzo (520 m)
ACCESO: Desde a A – 66 en Ujo coller a AS – 112 que vai ao porto de Tarna.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 400 m DISTANCIA: 11 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Collanzo (520 m) COTA MÁXIMA: Monte Les Porqueres (950 m)
MAPA: I.G.N. – 78 – II
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada en Collanzo (520 m) pola estrada que vai a Casomera. Camiñamos por esta estrada uns tres quilómetros pola AE – 6 ata Llamas onde deixamos a estrada e collemos á esquerda en dirección leste entrando na poboación e deixando á dereita a igrexa de San Juan Real, declarada Ben de Interese Cultural. Xusto aquí atopamos un cartel informativo da ruta PR – AS – 264.
Subimos polo leste desta localidade para chegar a unha fonte onde podemos coller auga. Logo seguimos subindo en dirección leste e chegamos ao rego que baixa de Piedra Vieja. Neste lugar cambiamos a rumbo nordeste, cruzamos o rego e logo de camiñar en chan uns metros por pista, aumenta a pendente na que logo, despois de coller o primeiro cruce á esquerda por riba dunha cadra chegamos a La Laguna (680 m). Seguimos cara arriba por boa pista para aos oitocentos metros coller un desvío á esquerda e acadar a braña de L´Escuyu (820 m).
Aquí collemos o camiño da dereita cunha dura e curta pendente por camiño en rocha. Axiña se suaviza a pendente que nos leva bordeando uns prados pola parte superior e a douscentos metros collemos a bifurcación da esquerda, camiñando un tramo en chan e podendo ver á dereita o Praón (850 m).
Nesta zona temos boas vistas de Cuérigo e o val, antes de pasar por Picolaina e dar vista ao val de San Isidro. Aquí deixamos a pista por riba dunha cadra e entramos no bosque de Les Porqueres (890 m). Camiñamos por este fermoso bosque autóctono nunha lixeira subida ata un paso entre rochas que é o punto máis alto deste percorrido (950 m).
Agora comeza a baixada nun primeiro tramo en zigzag por lameiras onde ao remate xiramos á esquerda para entrar nas cabanas de La Forca (880 m). Despois de aquí a baixada faise máis pendente e volvemos a coller á esquerda na seguinte intersección, antes de chegar as casarías de La Casal´Medio (790 m). Unha casaría ben conservada, logo da cal, volvemos a coller unha pista.
Seguimos baixando e a cen metros xiramos á esquerda para chegar á seguinte casaría, Muries en condicións bastante precarias.
O camiño segue e no seguinte cruce xiramos á esquerda e en pronunciada baixada facemos unha parada con vistas a Yanos.
Seguimos baixando e, antes de cruzar a ponte sobre o río San Isidro e entrar en Yanos, collemos o camiño que vai a Collanzo. É o Camín de Lende que case en chan e de bo andar vai polas veigas do río ata a estrada AE – 6, xiramos á dereita e chegamos a Collanzo.