24 11 16 CALEAO - LA FRAYADA - PEÑA RIEGOS - SOTO DE AGUES
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Caso e Sobrescobio (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Ponte do Rego dos Arrudos (620 m)
ACCESO: Pola estrada AS – 117 que sobe ao porto de Tarna ata Coballes onde cruzamos o río Nalón en dirección Caleao.
HORARIO: 5/6 h
DESNIVÉIS e DISTANCIAS: Sen subir ningún cume 650 m / 12 km
Solo Peña Riegos: 765 m / 12,3 km – Solo La Frayada : 830 m / 14 km
Con os dous cumes: 950 m / 14,8 km
DIFICULTADE: Baixa / media TIPO DE RUTAS: Travesías
COTA MÍNIMA: Punto de saída (630 m) COTA MÁXIMA: La Frayada (1.403 m)
MAPAS: I.G.N. – 54 – III – 79 – I
SINOPSE: Redes é unha das zonas faunísticas máis rica de Asturias. No Parque atópanse presentes todas as especies características do norte peninsular, algunha delas de especial protección: oso pardo, lontra, lobo, aguia real, voitre branco, pita do monte, xabarís, rebezos, cervos...
A riqueza ambiental maniféstase en multitude de paisaxes de espazos agrarios e frondosos bosques, sendo os prados de montaña, lagos foces e fervenza os que marcan a singularidade.
Nesta ocasión optamos entre catro niveis de dificultade sendo a ruta aquí descrita a máis longa e de maior dificultade.
DESCRICIÓN DA RUTA: Como o bus non chega a Caleao, temos que comezar esta ruta na ponte do Rego dos Arrudos (630 m), uns oitocentos metros antes do pobo. Camiñamos pola pista asfaltada que da acceso a Caleao polo que cruzamos subindo en dirección norte polas súas rúas ata saír pola parte alta do pobo (740 m).
Seguimos por pista en dirección noroeste, subindo comodamente, deixando á nosa esquerda o depósito da auga. Camiñamos ao longo do val para pasar en primeiro lugar polos Llanos (1.040 m) e máis arriba xunto ás cabanas de Cobayos (1.120 m).
Uns metros máis arriba, rematamos na Collá Isornu (1.212 m), que fai límite entre os concellos de Caso e Sobrescobio, un poleiro cunhas fermosas panorámicas das terras dos dous concellos.
Desde a Collá Isornu, parte un carreiro en dirección suroeste bastante fácil de seguir ata o outeiro de Pando Trocos (1.220 m). Neste lugar xiramos á esquerda cara ao bosque en dirección sur, subindo por carreiro sinxelo que vai paralelo á crista da Frayada. Temos que estar atentos pois, chegado a certo punto, hai que desviarse ao norte para subir o derradeiro tramo entre rochas, vexetación e buratos e así acadar o cume do pico La Frayada (1.403 m). A volta ata a Collá Isornu facémola polo mesmo camiño para desde aquí seguir cara a Peña Riegos.
Na Collá Isornu, a ruta segue en dirección norte, polo que seguimos un carreiro pola ladeira do monte, facendo varias reviravoltas ata o cume de Peña Riegos (1.389 m), miradoiro, pese a súa modesta altitude, espléndido que nos ofrece unha impresionante panorámica de cumes como o Retriñón, Cullargallos, Corbellosu, Cogollo, Guanalón, Pena Mea, Corteguerón, Torres...
De Peña Riegos baixamos cara ao oeste buscando a fondada de Mayau Les Morteres e a Collá Cobertorial (1.251 m) onde o carreiro cruza pola parte superior do Xerru Tendillanes baixando polo faial de Pandu Grande. Ao remate deste monte, asoman as campeiras de Fresnos.
Chegamos á primeira cabana illada onde aparece a traída de auga que ven dos Arrudos a Xixón. Seguimos por terreo chan ata o Mayau Fresnos, (1.002 m).
Aquí temos unha encrucillada de camiños. A pista da esquerda baixa por Porciles e Les Garbanceres a entroncar coa ruta do río Alba á altura da ponte de El Retertoriu.
Pola dereita, o camiño baixa en dirección leste ao val de Feleches (800 m) onde por cómoda pista seguimos o río Nozalín. Un pouco máis abaixo, o camiño pasa pola fermosa Foz de Nozalín (620 m) a partir da cal, iremos afastándonos do leito do río pasando xunto as cabanas de La Rotella (520 m). O camiño entra pola parte superior de San Andrés, pasando xunta á súa ermida de Santa Ana (440 m), cruzamos pola ponte o río Alba e chegamos ao aparcadoiro de Soto de Agues (430 m).