11 05 29 Peña Valdorria (Valdepiélago) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELÁN |
Pico Correcillas – Peña Valdorria
SITUACIÓN: Valdepiélago (León)
PUNTO DE PARTIDA: Valdorria (1.320 m)
ACCESO: Dende a estrada comarcal 626, collemos preto de La Vecilla a LE – 321 que vai a Nocedo de Curueño. Aquí, seguimos á esquerda por unha pista de gran desnivel que nos leva a Valdorria.
HORARIO: 7/8 horas DESNIVEL: DISTANCIA:
DIFICULTADE: Media/Alta TIPO DE RUTA: Circular MAPA: I.G.N. – 104 – III
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos atravesando a poboación de Valdorria (1.320 m), por un camiño que nos leva a unha pequena ponte que cruza o regato de Valdecésar (1.270 m), a partir de aquí o camiño vai en continuo ascenso. Chegado a un punto, vemos unha bifurcación (1.340 m) onde indica á dereita a Correcillas, seguimos subindo ata que o camiño chega a súa altura máxima e nos pasa ao outro lado da montaña. Agora o camiño, sen case perder altura, atravesa un monte de pequenas urces y carballos. Durante este tramo gozamos da paisaxe, Peña Pinguera (1.708 m) pola dereita e Peña Galicia (1.656 m) á nosa esquerda y non tardamos en ver ao fronte a Peña Polvoreda ou Peña Correcillas (2.007 m), este tramo non ten pendente algunha e así chegamos a un punto do camiño onde existe unha bifurcación (1.440 m). Pola esquerda a pista vai a Aviados polo que, nosoutros collemos a pista que baixa pola dereita, que nos leva a poboación de Correcillas (1.300 m).
Dende este lugar, saímos en dirección norte polo Val de Santiago seguindo o camiño de Rodillazo, que pasa ao lado do cemiterio, ata que decidimos atacar a subida pola encosta este do pico Polvareda. No lugar de Canto de la Barba deixamos o camiño principal (1.300 m) para coller un sendeiro que sobe cara a Las Campas (1.400 m), onde cambiamos o rumbo ao oeste facendo un rodeo e pasando pola cara sur do pico acometendo logo a subida final (1.980 m).
A baixada facémola pola cara norte ata chegar ao camiño de Rodillazo o cal atravesamos para dirixirnos a o seguinte punto que é o Collado de Bucioso (1.750 m).
Dende este cimbro empoleirámonos pola crista para seguir nun entretido sube e baixa, buscando sempre o mellor terreo para proseguir con continuas trepadas e destrepes, indo algunhas veces polo cristeirío pero sempre con coidado.
Segundo vamos avanzando, as vistas vanse ampliando chegando a unha inmensa vista da Cordilleira Cantábrica que abrangue dende os Ancares a Montaña Palentina.
No camiño pasamos polo cimbro Portillo del Agua (1.815 m) dende o cal subimos ao cume principal de Peña Valdorria (1.923 m), dende a cal volvemos ata o Portillo del Agua para baixar seguindo as sinais por sendeiro que normalmente se usa para subir a este cume.
Así pasamos polo lugar de Las Minas cara a pista que vai polo val de Valdecesar a que seguimos todo en baixada ata chegar a poboación de Valdorria.