16 09 17 SIERRA DE JUAN ROBRE

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Cabrales e Peñamellera Alta (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Arenas de Cabrales

ACCESO: Arenas de Cabrales atópase na estrada AS – 114 que vai de Cangas de Onís a Panes.

HORARIO: 5/6 horas          DESNIVEL:  1.200 m                     DISTANCIA: 14,5 km

DIFICULTADE: Media         TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Arenas de Cabrales (140 m)            

COTA MÁXIMA: Forcau del Cuernu (974 m)

MAPA: I.G.N. – 56 – I

SINOPSE: A serra de Juan Robre e un modesto cordal que se alínea entre os Picos de Europa e a Sierra del Cuera, separada dos primeiros polo Cares e do Cuera por un alto val que acolle a maioría das aldeas da Peñamellera Alta. Na vertente sur desta serra sitúase unha gran plataforma ocupada por numerosas cabanas, son as majadas de Nava.

            Nava é un dos lugares que aínda conservan e respectan as ancestrais leis dos pastos. Estas leis, de carácter local, eran necesarias nestas montañas cando a gandería era o único medio de supervivencia dos seus moitos habitantes. Hoxe a emigración xunto con outros medios de vida foron restando importancia a aquelas vellas normas de convivencia entre pastores.

            Durante o verán ningunha res pace nas majadas de Nava, limitándose o seu uso a época das labores de sega. O silencio é o dono absoluto da paisaxe, pero o 1 de novembro rompe a tranquilidade porque centos de chocas resoan polos prados. Todos os rabaños que pasaron o verán nos puertos altos, son conducidos ata Nava; alí pasarán o inverno e parte da primavera, ata o 1 de maio do ano seguinte en que de novo, deberán abandonar o lugar.

            A travesía a media pendente de case toda a serra, compleméntase coa visita a Nava. Pásase polo Collado de las Arniás, preto do Forcau del Cuernu, que con 974 m. e o cume máis alto do sector. Dende Arniás poden verse os cumes máis altos do Macizo Central, asomando por riba de Portudera.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no aparcadoiro público de Arenas. Cruzamos a ponte sobre o río Cares e encamiñámonos en dirección leste para coller unha pista chan que pasa xunto a unha fábrica  de queixos. Abandonamos esta pista onde fai unha curva á dereita para coller un ramal de menos entidade que se dirixe as paredes da serra.

            O camiño sobe facendo varios zigzags para pasar xunto as cabanas de El Costazu (420 m) e un pouco despois xunto á fonte bebedeiro de Rumión. Aquí o camiño xira á dereita para salvar as paredes da serra ata o lugar de Rescañu (580 m) onde colle dirección norte.

            Así entramos xunto as cabanas de La Prida na extensa pradería de Nava. Seguimos camiñando agora en dirección oeste ao longo desta pradería ata o Collau Arniás (820 m).

            Neste lugar, temos que xirar á esquerda para subir pola ancha canle de La Colgaiza que ten unha enorme cova á esquerda no sentido da subida.

            Así chegamos ao Jorcau del Cuerno (975 m), que ten vertixe xeodésico continuando ata o punto máis oriental que é Cabezu de la García (978 m). Desde aquí seguimos atravesando monte de faias por chan moi irregular baixando ata a braña de Puerto Lles (785 m) que está totalmente en ruínas. Pasamos xunto a unha fonte con bebedeiro por carreiros que pican algo cara arriba en dirección ao cume de Cabeza Turueco (910 m) tendo tramos de mal andar na súa parte alta.

            Baixamos sen problema as cabanas de Jucelagüelga (796 m) onde sae un carreiro que nos achega ao cume da Cabeza Robre (846 m). De novo volvemos ata as cabanas onde collemos un marcado carreiro que sen perda lévanos pola aresta do cordal de Los Sellones en cómoda baixada ata Arenas de Cabrales.